XERARDO MOSCOSO, 1945-2021
Capas
Acción Galega (Emi-Odeón). Xerardo Moscoso Caamaño (México, 1945-2021), médico, actor de cinema e director de teatro, foi un dos membros fundadores de Voces Ceibes, colectivo da nova canción galega que comezou o seu periplo artístico durante a segunda metade dos anos sesenta na Universidade de Santiago de Compostela.
Case unha década despois de dous epés encabezados respectivamente polas pezas “Requiem II” e “Acouga”, así como un LP editado en Francia, en 1977 poñíase á venda Acción Galega, onde a voz e a música se inspiran en textos de autores galegos, entre eles algúns clásicos como Ramón Cabanillas, Celso Emilio Ferreiro e García Bodaño.
Moscoso canta á identidade galega nuns tempos aínda non normalizados para as liberdades individuais e colectivas, tamén se doe dos emigrantes e dálles voz aos labregos galegos. Nunha liña próxima á canción francesa e á canción de autor máis comprometida destacan “Laio do vello emigrante”, “Co pan de cada día”, “Porta pechada”, “Meniño labrego” e “Sobredo”.
Cancións: Acción Galega. Pola longa lonxanía. Galicia. O dedo na chaga. Laio do vello emigrante. Co pan de cada día. Estaciónde Xinebra. Porta pechada. Leva os aforros pro banco. Meniño labrego. Sobredo.
Músicos: Xerardo Moscoso (voz). Jesús de Diego (arranxos e dirección musical).
Outras portadas: Galicia (1976) e 7 anos de canción galega (1979).
Dedicado a Blanca Caamaño González
Comentarios