Brasil e Caribe cantan e bailan
Quen segue con interese a evolución da música popular nos países latinoamericanos e caribeños, como é o meu caso, ten dúas publicacións de indubidable valor para afondar no coñecemento das orixes e o futuro da devandita manifestación cultural en Brasil e o Caribe. Trátase dos libros, con dimensións de disco de longa duración ou elepé, Canta Brasil, de Carlos Galilea Nin, e Salsa Caribe y otras músicas antillanas, de María Virtudes Núñez e Ramón Guntín, ambos da colección Siguesigue, dirixida por Manuel Domínguez, en Ediciones Cúbicas.
Canta Brasil ofrece en 100 páxinas un total de 21 capítulos que parten dun prólogo explicativo do porqué dun libro que non ten a intención de ser enciclopédico, dada a limitación de espazo, e menos de facer un relato arbitrario coas filias e fobias en que adoitan caer quen practica a crítica musical.
Carlos Galilea, sen dúbida, acerta na finalidade didáctica da obra, porque non abafa, vai ao gran e non cae en academicismos que impiden un plano xeral do que se explica. Comeza co capítulo sobre Brasil e as súas xentes, antes de entrar na prehistoria da música brasileira, para pechar a parte literaria co presente e futuro da música popular brasileira, para concluír con apoios para o lector como a breve guía discográfica.
A obra editada no ano de 1990, a pesar dos avances da chamada Música Popular Brasileira, non perde interese polo acerto de achegar os diferentes estilos dunha música con gran capacidade de xerar adicción, como queda demostrado desde de fai máis de medio século da universalidade de xéneros presentes noutras culturas como clásicos, casos da samba ou a bossa nova.
Por certo, a portada do libro é de Gloria Van Aerssen, a que foi a metade de Vainica Doble.

A outra publicación, baixo o título Salsa Caribe y otras músicas antillanas, serve para clarificar o panorama dunha música de raizame universal, como pasa coa referida do Brasil, pero exposta ás xeneralizacións. O libro de María Virtudes Núñez e Ramón Guntín serve para que estes dous estudiosos e melómanos poñan os puntos sobre a música afroamericana que é o resultado da confluencia de pobos de diferentes procedencias, unha dinámica que por sorte non cesa.
Despois de explicar a raíz negra da música no Caribe, os autores introducen a profanos e coñecedores en diferentes territorios que van desde o son cubano ao latin jazz, pasando pola inevitable salsa, unha música con moitas lecturas según o sitio donde se faga, pois o seu territorio e amplo. Basta con ler a definición que fai o diccionario da RAG sobre a salsa e que di: "Música de orixe caribeña de ritmo vivo e alegre con influencias do folclore afrocubano". Pola súa banda, a RAE indica respecto diso: "Género de música popular bailable, con influencia afrocubana, que ejecuta una orquesta acompañada de instrumentos tradicionales del Caribe y por uno o varios cantantes".
A riqueza xa comentada música caribeña ponse de manifesto na súa variedade e constante ebulición que se expande por xeografías diversas, desde grandes nacións a pequenas insuas como a beiramara atlántica de Venezuela, Colombia, Panamá e México, así como as outras antillas, e dicir Martinica, Jamaica, Trinidad, Guadalupe, Antillas Holandesas, Islas Vírgenes e Bahamas, Barbados, Barlovento e Sotavento, estas menos latinas, pero cunha forte presenza dunha poboación de orixe africano, que aportan sons en cantos de indubidable riqueza e sentimento. A portada do libro corresponde a Manolo Hidalgo.
Comentarios