Capas



Os nomes dás cousas ( Guimbarda). Membro fundador do movemento da nova canción galega nos anos sesenta (Voces  Ceibes),  Benedicto (1947 - 2018) forma parte de quen protagonizou a historia da evolución da música popular da segunda metade do século XX, á que achegou algúns discos e moitas actuacións pola península ibérica. Entre a primeiras figura este elepé gravado no ano 1979 coa colaboración do músico e compositor arxentino Alberto Gambino. Este participou na composición, xunto a  Benedicto, en dúas das dez cancións recollidas no álbum, das cales unha é a adaptación do poema A espiña, de Manuel Curros Enríquez, que o cantautor galego interpreta dentro dunha liña tradicional na que a percusión de carácter popular ten un especial protagonismo, como ocorre igualmente na Festa, que inclúe unha introdución de instrumentos de vento, e Nosa Señora da Barca, esta cantada a capella.  Benedicto demostra así mesmo un claro coñecemento da canción popular portuguesa como se pode percibir en O furado, de resonancias afonsianas. Aínda que dentro da canción de autor, hai que ter en conta Un día, composición da que se sacou o título deste longa duración. Por último, a peza que pecha o disco está dedicada a América Latina, un recordo e reivindicación a favor dos pobos que loitan pola súa independencia. A fotografía de  Benedicto na portada do  elepé é de Juan Manuel Domínguez.

Cancións: A festa. O furado. Eres ti. A roseira. Un día. A espiña. O aparato. Chovia. Nosa Señora da Barca. América Latina, irmá.

Músicos: Benedicto (guitarra, frauta soprano, bombo e voz), Alberto Gambino (guitarra, catro, tiple, plato, bongos, calzadores, piano Fender, órgano Hammond, melódica e coros), Pedro Savirón (frauta soprano e frauta tenor), Luis Fatás (frauta pícolo, frauta traveseira e clarinete), Eduardo Gatinoni (chelo), Manuel Grañido (bandurria e laude), Carlos Vázquez (viola), Jorge Sarraute (baixo de caixa), Pedro Peralta (axóuxeres, botella, crótalos, batería, bongos, tamboril, pandeireta e birimbao), Bernardo Corral (pandeiro e conchas) e Maite (coros).













Otras portadas: Pola unión (1977).

Comentarios

Publicacións populares