O andel dos libros
Unha volta pola librería é sen dúbida un estímulo para abrir o apetito lector tan ameazado pola anorexia da présa tola de vivir. Pero iso é outra historia. O que importa é que o zurrón dos papeis encheuse cuns cuantos tomos de maior ou menor tamaño que, de seguro, agradan a quen os van ler a escritura desas follas conseguidas nesa caza incruenta resultante das olladas polas librerías..
E coma se dun cazador tratásese, non podo máis que expoñer as pezas pagadas.
O primeiro libro por aquilo de que as Letras Galegas de 2018 corresponde a María Victoria Moreno, é o titulado O Cataventos, da Editora Urco, que serve para recuperar un dos mellores contos da citada autora en coidado exemplar adornado polas ilustracións de Lara Torres Rodríguez. E como di a presentación do libro: "Por culpa do fachendoso galo don Pío, as galiñas son as únicas criaturas que non poden vivir en liberdade na aldea..."
Por certo, según o dicionario da Real Academia Galega:
cataventos
substantivo masculinoAparello que consiste nunha barra vertical sobre a que xira, indicando a dirección do vento, un anaco de tea en forma de manga ou unha peza de metal en forma de frecha.No alto da cheminea, destaca un cataventos en forma de galo de cor vermella. SINÓNIMOS catavento, viravento, viraventos
O XVIII Premio de Investigación 2017 Xesús Ferro Couselo, convocado polo Concello de Valga (Pontevedra), na modalidade de investigación, de ámbito galego, dentro da especialidade da etnografía, paleografía, numismática, arqueoloxía e historia da arte, correspondeu a Rafael Quintía Pereria polo traballo: Vade retro. Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular, editado polo referido consistorio.
O autor indica que o traballo "ponlle un ramo —nunca mellor dito— a unha investigación que comezou alá polo ano 2005 nun intento por procurar as orixes e as aplicacións dun famoso amuleto curativo da medicina popular galega: o alicornio. A partir de aí, e nos anos sucesivos de investigación, tanto de campo como documental, foise despregando ante min un fascinante mundo simbólico inzado de ritos, obxectos de poder, plantas curativas, curandeiros, cregos, santos e santuarios que agora intento ordenar e consignar para ofrecer este traballo en col da ritualística protectora, os obxectos curativos e o uso de amuletos na cultura popular galega. En definitiva, unha visión sobre aspectos máis máxico-relixiosos da nosa etnomedicina".
O eido máxico-relixioso en Galicia e amplo, aínda que os tempos non corran ao seu favor, quizais porque o seu tempo xa pasou ou porque hai outras maxias en teoría máis modernas e acordes co mundo das novas tecnoloxías. Mais quedan no colectivo os nomes deses rituais como forma de coñecernos mellor e avanzar cara adiante sin atrancos e ameazas que noutro tempo combatíanse con ritos, amuletos, motivos astrais, símbolos, arbores, froitos, herbas, aceites, augas, santos, virxes, reliquias, partes de animais, xoias e outros obxectos da vida cotidiana.
As 268 páxinas do aproveitado libro complétanse cunha reflexión final na que se pon de manifesto que: "as diferentes culturas crearían os seus propios deuses e mitos, as súas formas de protexerse e de curarse e, finalmente, o cristianismo achegaría a súa visión sobre o ben e o mal, o pecado, a culpa e a redención. De todo iso somos herdeiros, e da ilustración e do pensamento racional. É a nosa obriga coñecer o camiño que nos fixo o que somos". Complétase o libro coa bibliografía e créditos de fotos.
Rafael Quintía Pereira (Vigo, 1971). Antropólogo, economista, escritor e documentalista, e autor dos libros:
-Deuses, Mitos e Ritos do Monte do Seixo. Unha proposta interpretativa en clave céltica (2010)
-A Nosa Señora da Lanzada. Antropología de un santuario costero (2011)
-Para cantar veño eu! Unha viaxe pola cultura musical galega da man dos Chichisos (2011)
-Alicornio. O poder do corno de unicornio na medicina tradicional galega (2013)
-Patrimonio inmaterial de San Martiño de Salcedo. Lendas, historias e crenzas (2014)
-Uso simbólico do cuarzo na cultura galega. Aspectos etnográficos e arqueolóxicos (2015)
-La historia de Galicia en 50 lugares (2015)
-Análise estrutural e simbólica do ito da Moura (2016)
-Monte das Croas. Antropoloxía dun castro (2016)
-Mariña: de deusa a santa (2017)
Tamén é director e guionista de varios documentais e coodirector de audiovisuais.
Falar do libro Os eidos, é falar do Courel; e nomear O Courel, é recordar a Uxío Novoneyra. O fito da poesía galega da segunda metade do século XX, coñece unha nova edición: Os eidos. O libro do Courel, que sae do prelo da Biblioteca de Mesopotamia, de Chan da Pólvora Editora, baixo a dirección de Antón Lopo.
A nova e completa edición da BDM aporta unha introducción a cargo de Olga Novo: A nena de Vilarmao e o mestre do Courel. Diálogo presocrático. Pecha o libro o texto de Emilio Araúxo: As cores do Ucedo, un diccionario que serve para sacar á luz a orixe do libro a loita de Novoneyra coas palabras, froito de 15 anos de entrevistas do autor ao vate courelano.
Recóllense así mesmo os caligramas de Uxío Novoneyra e, como non, todo o corpus do poemario Os Eidos, que comezaba con inesquecibles palabras, hoxe clásicas para os que aman e coñecen a alta montaña de Lugo:

Courel dos tesos cumes que ollan de lonxe!
Eiquí síntese ben o pouco que é un home...
Nesta edición hai que dicir que están Os Eidos, de 1955 e Os Eidos II, de 1974.
Comentarios