Non é o de maio este aire impuro

Fai anos lin sentado no vello corredor o libro Le cenere di Gramsci, de Pier Paolo Pasolini (1922-1975), unha obra da etapa na que o autor se atopaba nun proceso de apertura de varias frontes. Por unha parte, consolidase como poeta, elabora a novela Unha vita violenta –unha das mellores de Pasolini para min, con permiso da inesquecible Ragazzi di vita-, pon en marcha a publicación periódica Officina e coa axuda de Giorgo Bassani penetra no terreo cinematográfico. Nese senso, escribe os guións de La notti di Cabiria, A donna do fiume, Marisa a civeta, Giovanni maritti e A notte brava, en fin unha actividade que non rematará ata súa morte, logo xa como director.

O libro Le cenere di Gramsci mostra a preocupación política e pola cultura popular por parte de Pasolini, quen non deixaba indiferente. Daquela lectura, recollida en parte na fotografía, chegoume fondo Comicio, sobre a morte Guido, irmán de Pasolini. Desde entón, coincido con algúns que a poesía feita polo escritor italiano en 1957 pon en crise a idea esperanza. Pero esa é só un grao na longa praia construída por Pasolini, sempre aberta para entrar nela.



Comentarios

Publicacións populares