Capas
Symphonion Dream (United Artist Records) 1975
The Nitty Gritty Dirt Band
Portada: Dean O. Torrence Kittyhawk Graphics


The Nitty Gritty Dirt Band, banda punteira da primeira xeración de grupos que practicaban o country rock nos afastados anos sesenta, apuntaba cara a novas direccións cando os compoñentes de dito combo gravaron Dream, sen dúbida un disco que non pasa inadvertido dentro das diferentes anadas discográficas do conxunto formado en California, exemplo do refinamento e o bo gusto á hora de elaborar sons harmoniosos e de acordo coa tradición musical branca dos Estados Unidos de Norteamérica. Gravado en estudio, con coidada produción e a presenza dalgúns gurús do rock de entón, léase Leon Russell, The Nitty Gritty Dirt Band faise esperar mediante experimentalismos sonoros nas primeiras pezas, pragadas de efectos sonoros relacionados coa natureza, que, con todo, destapan esencias do campo coa entrada dos primeros banxos, mandolinas, guitarras acústicas e harmónicas, que, á  súa vez, dan un pequeno protagonismo ás gaitas escocesas e o canto dos paxaros que despiden "Battle Of New Orleans". 

Unha vez na cerna do disco, os membros de TNGDB recalcan que tamén están postos no country rock de guitarras eléctricas, como se pode percibir en "Bayou Jubille", liña que, por certo, queda aberta para sucesivas composicións, propias e alleas, do elástico compendio que presenta Dream, entre elas están "Hey Good Lookin' "-Si, a de Hank Williams, electrificada e  coa deliciosa e incontestable gorxa privilexiada de Linda Ronstadt-, "Mother Of Love", "The Moon Of Love" e "Joshua Come Home", esta última máis evocadora de praias con palmeiras que montes con abetos. Destacan así mesmo dúas cancións de medio tempo, "Ripplin' Waters" e a clásica "All I Have To Do Is Dream", no seu  día popularizada polos irmáns Everly, cuxo recordo queda difuminado pola excelente relectura de "Nitty", que tamén se atreve co bluegrass ortodoxo en "Sally Was A Goodun" e co flamenco, tocando un pau moi propio de instrumento de corda, unha malagueña, pero interpretada con banxo.

Pezas: Winterwhite. Raleigh-Durham Reel. Battle of New Orleans. Bayou Jubilee. Sally Was A Goodun. Hey Good Lookin. Classical Banjo I. Malaguena. Classical Banjo II. Daddy Was A Sailor. Sleeping On The Beach. Santa Monica Pier. Rippling Waters. All I Have To Do Is Dream. Mother Of Love. The Moon Just Turned Blue. Gotta Travel On. Joshua Come Home. Solstice. Symphonion Montage.

Músicos: John McEuen (guitarra, banxo, violín, mandolina, steel guitar e voz), Jeff Hanna (guitarra, batería e voz), Jimmy Ibbotson (guitarra, baixo, teclados, batería e voz), Les Thompson (baixo, guitarra e voz), Leon Russell (piano, teclados, sintetizador, batería, campás, gourd e voz), Linda Ronstadt (voz), Gary Busey (batería, timbales, campás e choca), Paul Harris (teclados), Alice McEuen (coros), Kae McEuen (coros), Jim Ratts (coros), Mary McCreary (coros) e Mary Stevens (coros).


Máis portadas: 
The Nitty Gritty Dirt Band (1967)
Ricochet (1967)
Rare Junk (1968)
Uncle Charlie & His Dog Teddy (1970)
All the Good Times (1972)
Stars & Stripes Forever (1974)
The Dirt Band (1978)
An American Dream (1979)
Make a Little Magic (1980)
Jealousy (1981)
Let's Go (1983)
Plain Dirt Fashion (1984)
Partners, Brothers and Friends (1985)
Hold On (1987)
Workin' Band (1988)
The Rest Of The Dream (1990)
Not Fade Away (1992)
Acoustic (1994)
The Christmas Album (1997)
Bang!Bang!Bang! (1999)
Will The Circle Be Unbroken: The Triology Box Set (2003)
Dirt On The Strings (2004)
Welcome To Woody Creek (2004)
Speed Of Life (2009)
Circlin' Back: Celebrating 50 Years (2016)









Comentarios

Publicacións populares