Illas Cíes
Nás Cíes descubrimos a pericia das aves
e a medida celeste onde reside a luz
Bañámonos nas ondas
a compartir sulagos con dóciles palmípedas
e cunchinas de nacre
Era o verán
Chegaban ventos fríos do primeiro cuadrante
os ventos tersos do Nordés
Con labios exaltados bicábasme nas tempas
E querías que fora a raíña dos mares
ou deslizabas verbas secretas nos oídos
Nos xogos inocentes
debuxeis no teu peito os signos da alegría
Despois gravei na area os símbolos da patria:
espirais
caracolas
esvásticas solares
Cousas do paraíso...
Naquelas latitudes oceánicas azul
azul delirio
tracei como remate un labirinto tácito
Prometeo a flor de loto
Luz Pozo Garza
Illas Cíes, fotografías de Laura Blanco Mondelo y Emilio Blanco "Milucho"
Comentarios