Capas


Iceberg aparece como grupo en 1975 cun elepé en plan conceptual titulado Tutankhamon (Bocaccio Records) que representa unha das ofertas do rock catalán dos setenta, tamén denominado laietano. O quinteto orienta o repertorio do disco de estrea cara a un estilo persoal tendente ao jazz-rock pero nesta ocasión máis escorado  a sons como o sinfonismo imperante na década de 1970. O disco vai servir a Iceberg para redirixir a súa carreira cara a un son menos influído por imposicións de discográficas e modas conxunturais. Do último pódese apreciar nalgunhas das composicións, sobre todo naquelas que están cantadas en inglés, por exemplo, "Too Young To Be Pharaon" -moi na onda do hard setenteiro-, o cal non impide que outras pezas apunten xa maneiras do gran grupo que foi a banda de Max Sunyer e Kitflus. 

Guitarras e teclados son as guías que sinalan o camiño do son global do grupo que se converterá na segunda metade dos setenta nun dos mellores tanto en directo como a nivel discográfico. Así Sunyer domina con rigor os seus solos de guitarras e, pola súa parte, Kitflus achega pasaxes inspiradas, algo habitual en todas as gravacións e directos do combo catalán. Polo tanto, Tutankhamon queda como o punto de despegue un tanto lastrado polo halo de rock sinfónico que desprendía o primeiro elepé de Iceberg, o cal non foi óbice para que no seguinte disco e nova etapa brillase con todo o seu esplendor o estilo do grupo, netamente instrumental (xa sen cantante) e apoiado no eficiente virtuosismo dos seus líderes e compositores.

Canciones: Tebas. Prólogo. Sacerdotes de Amon. Amarna. Lying On The Sand. Amenofis IV (El hereje), Himno al sol. La muerte. Close to god. Too Young To Be Pharaon. Tebas.

Músicos: Max Sunyer (guitarra), Josep Mas Kitflus (teclados), Primitivo Sancho (bajo), Jordi Colomer (batería) e Ángel Riba (voz y saxo).

Más portadas: Coses Nostres (1976), Sentiments (1977), En directe (1978) e Arc en cel (1979).









Comentarios

Publicacións populares