Capas
Portada da edición de luxo da compañía estadounidense, lanzada en 2013, Rhino Records en formato CD
Then Play On (Reprise). Fleetwood Mac, tres guitarristas, un baixista e un percusionista en 1969, ano de gravación deste elepé, orienta a súa música cara a direccións distintas, ademais de colaborar por outro lado con músicos negros de Norteamérica para practicar o blues que esta banda ten como bandeira desde os seus primeiros anos de formación.
O líder Peter Green compón cancións e deixa tamén aos seus compañeiros que se abran a un público variopinto emparentado co rock en proceso de cambio durante os últimos anos da década dos sesenta. Neste sentido, o tamén guitarrista da banda, Danny Kirwan achega cinco composicións que van desde o ritmo caribeño de “Coming Your” Way” á balada “Although The Sun Is Shining”.
Pola súa parte, Green, ademais de blues, “Show-Biz Blues”, “Underway” e “Rattlesnake Shake”, inclúe outras menos ortodoxas co xénero básico como “Closing My Eyes”, “Before The Beginning” e “Oh Well”, esta última, unha canción de case nove minutos na que se relevan guitarras eléctricas e acústicas ata chegar a un punto que semella unha mistura música clásica, folk, rock progresivo e hard. O resto do repertorio complétase coas pezas “Searching For Madge”, “Fighting for Madge” e “Like Crying”, que co tempo demostran que “The Play On” ten merecido o posto de álbum máis recordado dos primeiros Fleetwood Mac.
Logo virían os tempos de Rumours, pero esa é outra parte diferente da historia do grupo británico. A portada do disco inclúe unha pintura de Maxwell Armfield.
Cancións -da edición española na serie Pioneros de 1977-: “Coming Your Way”, “Closing My Eyes”, “Showbiz Blues”, “Underway”, “Oh Well pt. 1 & pt. 2”, “Although the Sun Is Shining”, “Rattlesnake Shake”, “Searching For Madge”, “Fighting For Madge”, “Like Crying” e “Before The Beginning”.
Músicos: Peter Green (guitarra, chelo, armónica e voz), Danny Kirwan (guitarra e voz), Jeremy Spencer (piano), John McVie (baixo) e Mick Fleetwood (batería).
Outras portadas: Peter Green’ s Fleetwood Mac (1968), Mr. Wonderful (1968), English Rose (1969), Kiln House (1970), Future Games (1971) e Bare Trees (1972).
Apunte: A primeira versión do LP Then Play On posto a venda no Reino Unido en setembro de 1969 tiña un repertorio que non incluía "Oh Well", peza en dúas partes que saíu en "single" un días despois do LP. Máis adiante nalgunas revisións do álbum foron incluidas a dúas partes de dita composición,
Reino Unido
Francia
Noruega
Holanda
España
Xapón
A lista orixinal era a seguinte:
Cara A
1. "Coming Your Way"
2. "Closing My Eyes"
3. "Fighting For Madge"
4. "When You Say"
5. "Showbiz Blues"
6. "Underway"
7. "One Sunny Day"
Cara B
1. "Although the Sun Is Shining"
2. "Rattlesnake Shake"
3. "Without You"
4. "Searching for Madge"
5. "My Dream"
6. "Like Crying"
7. "Before the Beginning"
Comentarios