A protección da casa

Os espellos metálicos dos petadores, pechaduras e picaportes acostuman estar decorados con escutiformes, corazóns e outros deseños de importante carga simbólica. O mesmo acontece cos pomos, onde pode figurar simboloxía astral. Os chamadores e aldabras de forma fálica están relacionados coa idea e fertilidade. Tamén aparecen representacións faunísticas que poden ter unha función protectora, intimidatoria e fertilizadora. A este tipo de chamadores presupónselles unha influencia benéfica para os visitantes que chaman á porta e unha función protectora para os habitantes da casa. 



"Vade retro". Ritualística protectora, obxectos curativos e uso de amuletos na cultura popular galega
Rafael Quintía Pereira

XVIII Premio de Investigación 2017 Xesús Ferro Couselo
Concello de Valga 

Fotografías de © Roque Soto Soto

Comentarios

Publicacións populares