Capas
No repertorio aparece o romance francés relacionado co camiño de Santiago: “A Pernette”, que anteriormente popularizara o grupo Malicorne nun dos seus primeiros discos. “Festa de Loor” e “Cantiga V” son dous exemplos do repertorio medieval de xentes tan literarias como Afonso X e Martín Codax, aos que hai que engadir composicións máis populares, por exemplo “Danza do Rosal”, “Danza das espadas”, “Carballesa” e “Cabalgata de Ribadavia”, representativas da tradición galega que neste disco enlazan coa música doutras xeografías europeas como a bretoa.
Sen dúbida, o elepé representa un dos traballos máis destacados da discografía galega, principalmente polo concienciudo labor do plantel de polifacéticos músicos agrupados ao redor do nome Doa, que en 2010, tras sucesivos cambios, ten como membros a Susana Lorenzo, Xaquín Blanco, Bernardo Martínez, Xoán Piñón e Óscar Fernández. O deseño de Alberto Carpo e a fotografía de Xoán Piñón serviron para adornar a carpeta do LP.
Pezas: Festa de loor. Danza do Rosal. Danzas das espadas. La Pernette. Carballesa. Cantiga V. Romance de doña Eusenda. Cabalgata de Ribadavia. A casadiña infiel. Cantiga II.
Músicos: Bernardo Martínez (flautas de madeira, flauta irlandesa, percusión e bombo), Xoán Piñón (dulcimer, laúd, guitarra acústica e mandolina), Miro Casabella (zanfona, chirimía, bombo, cítara e voz
), Xaquín Blanco (gaita galega, bombarda e bodhram), Pedro Puértolas (violín) e Enrique F. Ferreira (violoncello).
Máis portadas: Polaridade (1984), Perfiles (1986), Arboretum (2002) e A fronda dos cervos (2011).
Fonte desta páxina de La Voz de Galicia. http://nitope.blogspot.com
Doa, decembro 2017. Fotografía: Doa-Facebook
Comentarios