Carpinteiro
Un dos oficios que máis desenvolvemento teñen aquí é o de carpinteiro, cousa que nada ten de estraño se consdierámo-la riqueza forestal de Galicia.
En xeral, chámase carpinteiro a todo aquel que traballa a madeira, mais sendo moitas a aplicacións que se da a esta materia, varía tamén o tipo de carpinteiro, constituíndo algunha destas variantes verdadeiras especializacións.
Tendo en conta isto, ímonos ocupar susesivamente dos diversos oficios que teñen por base a madeira. Os máis importantes son: carpinteiros de armar, fragueiros, cubeiros, carpinteiros de ribeira, zoqueiros e torneiros.
As táboas cómpre cortalas para lles da-lo longo preciso; este traballo faise, segundo o volume da peza, coa serra e o tronzador, dos que xa falamos, e para cortes máis pequenos ou de forma especial emprégase o serrón, o serrón de punta, o serrón de volta, o serrón de cota ou o serrucho.
Logo, lábrase a táboa, comezando por lle da-lo ancho que faga falla; se é moito o que lle sobra, sérrase, mais se é pouco desbástase coa machada e logo enderéitase coa garlopa arranxando a beira seguidamente co guillame e a xuntoira. Para táboas pequenas emprégase o galropín.


Os oficios
Xaquín Lorenzo
Fotografías de © Roque Soto

Comentarios

Publicacións populares