O voo do paporroibo australiano
Non son negro, son home
Martin Luther King
Era a mañá do 16 de outubro. Era México 1968.
Catorce días despois do masacre estudantil
Dúas saetas de obsidiana e un paporroibo australiano
Romperan os listóns do vento da rexión máis transparente.
O paporroibo espertou logo de doce horas de soño:
Ás súas costas: dúas torres de ébano co puño no alto,
Dúas luvas negras que simbolizan a forza de pel escura,
A dignidade do oprimido e a súa longa, dolorosa loita.
As panteras de plumaxe negra baixaron a mirada ao escoitar:
Ou thus be it ever when freemen shall stand
Between their loved home and the war’ s desolation!
Blest with victory and peace, may the Heav’ n- rescued land
Praise the Power that hath made and preserved us a nation.
Then conquer we must, when our cause it is just
E os mexicanos no estadio, aqueles que non dixeron
nada
o 2 de outubro
comezaron a apupar aos atletas,
aos estraños inimigos:
Ás dúas panteras sureñas e ao paporroibo austral
“Fora comunistas:
morra todo o negro,
morra todo o vermello!”
“Vivan os tricolores fillos de puta!”
No Comité Olímpico Internacional todos estaban perplexos calaban.
“Unha deliberada e violenta infracción dos principios fundamentais do espírito olímpico”.
Sentenciou máis tarde Avery Brundage,
Trinta e dous anos antes era Hitler quen estaba no pódium
repartindo saúdos nazis
E o porco segregacionista que calase en Berlín
Pedía ao chacal mexicano de fuciño repugnante:
“Expulsádeos en nome da liberdade, Presidente Díaz
Peter Norman visita Tlatelolco, de Jean Turpy
Comentarios