Cómic galego

A Viñeta de Schrödinger



Nova publicación de historieta feita en Galicia na que participan A Mesa pola Normalización Lingüística e AS-PG. Dirixida por Kiko da Silva e de carácter trimestral o primeiro número saíu en agosto deste ano co subtítulo Revista Cuántica de BD Galega.

O editorial da revista indica o motivo polo que nace A Viñeta de Schrödinger: "A BD galega, a lingua e a cultura galega é como o gato de Schrödinger, está aí, estamos seguros de que está, que ten que estar, mais algúns cren que está morta, mentres nós cremos que está máis viva ca nunca. Pasa o mesmo coas revistas, que semellan esquecidas nun momento onde proliferan as novelas gráficas".

O promotores da publicación también quieren dejar claro el empeño facilitar espacio a bandas deseñadas breves de autores galegos. Tampouco descartan a necesidade de chegar aos lectores adolescentes e adultos para que disfruten da historieta de calidade que se fai en Galicia.

O ilustrador da capa do número 1 de A Viñeta de Schrödinger é Miguel Robledo. Participan na estrea da citada publicación os seguintes debuxantes e guionistas: Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kiko da Silva, Kohell, Fernando Llor, Zaida Novoa, Miguel Rojo, Pablo Prado, Julián Landriz, Fonso Barreiro, Aldara, Joan Casamora, Miguel Porto, Antonio M. Fraga, Víctor Rivas e Miriam Iglesias. Pola súa banda, Roberto M. Lamosa.é o autor da entrevista a Sarah Andersen, moza neoiorquina, autora da novela gráfica de carácter autobiográfico Sarah's Scribbles.










                                                                    




Comentarios

Publicacións populares