A ESTERILIZACIÓN DA TERRA PROPIA
Emigración e os seus traficantes
....
Contra ese éxodo non había organismos que actuasen, nin os voceiros que pola súa natureza tiñan asignada unha misión de cultura, de defensa do ben público -que de todos os xeitos se arrogan- denunciaban tan fondo mal. O seu silencio consciente tiña todos os tons da vileza, porque coparticipaba nas ganancias dos que traficaban coa desgracia, colectivamente hostís a que se tratase das miserias da emigración nun sentido de advertencia moral e humano. E en tan triste tráfico colaboraban uns cos outros, con desleixo dos máis sagrados deberes para co país naqueles que tiveron o atrevemento de se erixiren en defensores seus . ¡O anuncio dunha casa consignataria vale máis que centos de vidas desfeitas!*
Dos emigrados que a troco de moitas calamidades, nin compensadas polo gozo dunha fortuna serodia nin computada pola adquisición dunha personalidade moral ou intelectual que imprime sentido, valor a unha vida, conseguiron unha posición pecunaria, sabíase en todoas as aldeas e mesmo se falaba en todos os diarios; pero dos vencidos, da inmensa lexión dos fracasados, dos que non puideron sequera volver ó eido nativo despois de ter arrastrado a súa cruz en terras alleas, ¡que poucos souberon! Hai poucos meses chegaron a portos galegos barcos ateigados de parias, de xoves xa avellentados e exhaustos, coa impronta da ilusión estragada nos rostros consumidos, repatriounos o Estado. Hoxe xa se vai sabendo algo desas amargas e dolorosas odiseas.
A emigración galega fecundou, é certo, terras estrañas pero foi a conta da esterilización das propias. De América -tamén isto é verdade- viñeron a Galicia algúns bens; mais non naquela medida en que foron perdidos. O valor do home non ten substitucións doadas. Sen esa sangría, que era á vez válvula de escape a un horizonte estreito -estreito e ruín por causas que non imos examinar neste momento-; sen ese éxodo constante do home dos seus campos e das súas aldeas, ¡o que podería ter sido hoxe Galicia! ¡Cantas posibilidades se abren ante esa mirada retrospectiva! Na hipótese dunha plétora, dun exceso de poboación, a consecuencia implicaría un cambio, quizais unha nova estructura...

* Nos periódicos galegos, salvo honrosísimas excepcións, non se pode dicir nada contra a inesgotable sangría emigratoria. Lembro -e lembrareino sempre, porque me decatei naquela ocasión da abxección á que chegan xentes a quen a moralidade social aínda non illou -como o propietario de certo periódico d Vigo no que eu traballei ameazaba a un redactor con botalo á rúa "se lle quitaba a el mil pesetas" (palabras textuais). Quitáballe mil pesetas, polo visto, se publicaba algunha cousa contra a emigración. O que fixera o redactor foi compor unha noticia telefónica acerca da mala situación económica dalgunhas repúblicas de América.
Os consignatarios, en comisión, foran a administración a cominar coa retirada dos anuncios se o periódico volvía a dar noticias polo estilo. Ó saber disto quedei estupefacto, pero na miña estupefacción non sabía que desprezar máis: se a vileza dos que viven as expensas do infortunio, negociando con desventurados a quen a necesidade impele a emigrar; se o cinismo daqueles señores que sen vergoña nin escrúpulos trataban de impor a un periódico a negrura das súas conciencias e a inmoralidade do seu triste tráfico, ou a actitude de sometemento do administrador, que era un pobre home incapaz de discernir nunha cuestión de ética, e do propietario, quen quere pasar por home culto e liberal, que foi ministro, que pertence con grado elevado a unha institución universal que ten por finalidade o ben e o apoio mutuo entre os homes (a masonería) e, que, en suma, é millonario.
Disto e do outro (1930)
Roberto Blanco Torres
Disto e do outro (1930)
Roberto Blanco Torres
Comentarios