As minas do Rey Salomón foi a película que máis me obsesionou de pequeno. Nunca volvín a vela, pero aínda conservo imaxes dela. Guerreiros watusi con raias de arxila vermella pintadas no nariz. Cintos negros cruzados nos seus peitos a modo de adorno. Dentes afiados como alfinetes. Leóns que lle desgarran o brazo a alguén. Moscas pousándose no beizo de alguén, e ese beizo inmóbil. Fachos en covas. Xoias azuis rodeadas de caveiras, Aquel actor inglés morto de medo.
O Cinema Rialto era un lugar escuro e almizcleño en pleno día, e eu metíame tan absolutamente no mundo da película que a sala se convertía en parte dunha paisaxe. O paseo en busca de flocos de millo ao final do corredor negro, mentres soaba atronadora a música e os nenos axitábanse nos seus asentos, todo formaba parte da trama. Atopábame na cova do Rey Salomón, comprando caramelos. Os bombóns eran xoias. Os acomodadores eran árbores da selva. Nos lavabos ruxían as panteras. Nunha cidade poboada por brancos de carne e óso, cheirei a po africano durante varios días.
Fotogramas dos filmes: As minas do Rey Salomón e O espírito da colmea
1/9/80
Homestead Valley, Ca.

Comentarios