Lectura
Nos días de mocidade establécese cos libros unha relación que nos marca para sempre: seremos fillos dos nosos libros se vivímolos a tempo, ou medraremos e morreremos orfos da súa proxenitura. É completamente torpe deixar para un mañá que supoñemos sedentario, na última madurez ou a primeira vez, a tarefa aparentemente pacífica, da lectura vitalicia porque a pureza receptiva, o entusiasmo e a sensibilidade -orientada ou desconcertada, case dá o mesmo- que un home novo, incluso esaxeradamente mozo, pode poñer na apropiación dun texto ten máis valor e marca moito máis que a sabedoría interpretativa dun vello.
...Aos vello, incluídos os vellos prematuros, quédanos -e grazas- a paixón secundaria da relectura, precisamente porque, debilitada a sensualidade lectora e as capacidades de sorpresa, de amor á novidade e de entusiasmo, nos vén máis fácil reavivar borrallos que crear novas fogueiras.
Antonio Gamoneda (Oviedo, 1931)
Fotografía: Cando a lectura deixa pegada, de Pedro Martín Iglesias.

Comentarios