Liña clara
Din que falamos claro, e que a poesía
non é comunicación, senón coñecemento,
e que só coñece quen renuncia a este mundo
e ás súas pompas e obras —a amizade, a tenrura,
a decepción, a fraude, a alegría, a coraxe,
a esperanza, o amor, todo o que non sexa
o humor e a fe, a lealdade, a envexa,
intelectual, impenetrábel, místico, filosófico
e, desde logo, mínimo, silandeiro e profundo—.
Din que falamos claro, e que nos repetimos
os nosos versos, incluso a xente que goberna,
do claro que falamos, e que a xente entende
o que trae consigo que teñamos acceso
exercendo un servil e inxusto monopolio.
ao poder e aos seus premios e condecoracións,
Din, e abondan as súas feras arremetidas.
Deféndenos, Tintín, que nos atacan
Luis Alberto de Cuenca
Ilustracións de Tintín, © Herge
Comentarios