Capas
No musical A New Life mantén a liña do primeiro disco da Marshall: rock sureño, con dúas guitarras que enlazan axeitadamente con outros instrumentos, como a frauta e o saxofón, ademáis de steel guitar, teclados, ventos e percusións, para dar apoio a cancións cheas de rock, soul, blues, jazz, gospel e country. Estas influencias perviven en cancións como a envolvente "A New Life", "Southern Woman", "Blue Ridge Mountain", "Another Cruel Love" e "24 Hours At a Time", algunas delas habituais nos repertorios das moitas actuacións en vivo do conxunto sureño.
The Marshall Tucker desenvolveu un notable labor musical con xiras, concertos en directo e discos, mesmo despois da prematura desaparición dos membros fundadores do grupo Tommy Cadwell (1980), baixista, e o seu irmán Toy (1993). Trala morte deste último, a banda entrou nunha dinámica de cambios que facilitou a refundación do grupo, ata o punto de que só queda dos primeiros marshalls o cantante Doug Gray, sen dúbida unha das mellores voces do rock sureño.
Cancions: “A New Life”, “Southern Woman”, “Blue Ridge Mountain”, “Too Stubborn”, “Another Cruel Love”, “You Ain’ t Foolin’ Me”,“24 Hours At A Time” e “Fly Eagle Fly”.
Músicos: Toy Cadwell (steel guitar, slide guitar, guitarra acústica, guitarra eléctrica e voz en “Blue Ridge Mountain Sky” e “Fly Eagle Fly”. Tommy Cadwell (baixo e voces). Jerry Eubanks (frauta, saxofón e voces). Paul Riddle (batería). Doug Gray (voz e percusión). George McCorkle (banjo, guitarra acústica e guitarra eléctrica). Colaboran Paul Hornsby (teclados), Charlie Daniels (violín) e Jaimoe (congas). Sección de vento: Oscar Jakson, Earl Ford, Harold Williams e Todd Logan.
Outras portadas: The Marshall Tucker Band (1973), Searching For A Rainbow (1975), Long Hard Ride (1976), Carolina Dreams (1977), Together Forever (1978), Running Like The Wind (1979) e Tenth (1980).
Outras portadas: The Marshall Tucker Band (1973), Searching For A Rainbow (1975), Long Hard Ride (1976), Carolina Dreams (1977), Together Forever (1978), Running Like The Wind (1979) e Tenth (1980).
Comentarios