Nai querida...

na túa indefensión de muller reservada
dominabas querencias estelares
e ás veces profecías

pois vivías nas ondas da evidencia
na harmonía do cosmos

no esplendor da beleza meditada

dende aquela alegría melancólica
que era o teu atavío...



Pazo de Tor
Luz Pozo Garza

Comentarios

Publicacións populares