Vou en contra de todo


Vou en contra de todo, coma o vento
de todo o que me doi e me latexa
como unha pomba morta ou mal ferida.
Ando sin presas, pero despoboada
de  non encontrar acougo niste leito
onde botóume o amor, sin eu querelo.
Vou en contra de aquiles que fixeron
do diario dormir unha costume
e son capaces de matar a pedra.
Coma o vento que empuxa e se rebule,
e volve a rebulirse eternamente,
son rebelde e non podo conformarne
cunha esmola de toxos antros dedos.





María del Carmen Kruckenberg 

Comentarios

Publicacións populares