"Inútiles totales"
Baixo o ceo cuberto, gris e frío, ao pé da estraña torre solitaria, a fila indisciplinada dos “Inútiles totales” esperaba que pasasen lista e recoller o boliño que un home colorado ía dando por unha xanela do antigo convento.
A mañá estaba fría e movida. Un cañoneo afastado foi achegándose e o horizonte pareceu tremer nun estoupido constante. O chan estaba bulleirento e revolto polos obuses que caeran a véspera e, na espera, os pés formigaban e facíanse sensibles. Ao fin, chegou o tenente, apresurado, dicindo chufas que na fila foron recibidas ben porque non era moi tarde.
—Quinta do corenta, a cubrir!
As mans apoiáronse no ombreiro do que estaba diante e os brazos estiráronse, alongándose así ao dobre a cola absurda que non parecía de soldados. O tenente, que era forte e branco, igual que unha campesiña holandesa, repasou cos seus ollos a mestura de homes que o miraban atentos: a man dun labrego atónito suxeita o ombreiro dun rapaciño anano con lentes voluminosas; diante del, un tísico con faciana cincenta, un tolleito con bufanda ata os ollos… Sobre os demais, a faciana pálida e fofa dun gordo fenomenal que pretende darse conta de todo cos seus olliños diminutos. En cada un deses homes a medias, vestidos de calquera xeito, agora contentos de non ir á guerra, hai un receo —seica unha vergoña— nos seus xestos bruscos e nas súas exclamacións.
...
Inútiles totales. Editorial Cátedra. Biblioteca del siglo XX. 2019.
Juan Eduardo Zúñiga
Debuxo de J.E. Zúñiga

Comentarios