Sequeiros
No Medievo, castañas e castiñeiros como recursos económicos, Edicións Fervenza, é o título do libro de 185 xenerosas páxinas recentemente presentado por Héitor Picallo Fuentes (1974, Cuntis-Pontevedra), quen afonda en normas, usos e costumes relacionadas cos castiñeiros e as castañas ao longo dun tempo que aínda non rematou para unha parte do agro galego. O autor facilita asemesmo unha información bastante descoñecida para a maioría da poboación e moi importante para coñecer a nosa cultura tradicional desde tempos lonxanos.
No capítulo IV. A castaña, en concreto no apartado adicado ao coidado da castaña e a súa etnografía, o autor informa sobre os sequeiros, razón dabondo para acoller neste blog os acertados termos de Héitor Picallo respecto ditas construccións que dan nome ao lugar onde vin o mundo por primeira vez Sequeiros (parroquia de Santa Mariña), Concello de Quiroga, provincia de Lugo.
Se non me trabuco Sequeiros foi o adxectivo siccarius, a, um, aplicado a un hórreo ou a un lugar para secar castañas, leña. En 1175 aparece a figura ecclesiam Sancte Mari(n)e de Sicariis.
Logo de que as castañas sexan estonadas da súa cúpula espiñosa, límpanse e sécanse para que conserven as súas propiedades, durante un longo período de tempo e sexan facilmente almacenábeis. O proceso de eliminación da humidade, ou dunha parte da súa propia auga, realízase naquelas estruturas pétreas chamadas sequeiros, construcións que aínda que ofreceron nome dende entón a moitos microtopónimos e entidades de pobación da xeografía do país, non se conservan importantes e claros datos documentais que nos testemuñen a súa presenza normalizada por toda a xeografía galega. A máis remota existencia confírmase, aínda que de xeito encuberto, naquela entrega efectuada polo rei Fernando II ao mosteiro de Santa María de Oseira, concretemante do souto da Sequeira (ano 1178). Velaí se albisca na toponimia menor; e con total claridade documental en Santa María de Melón, polo ano 1233, e en San Vicenzo de Pombeiro no ano 1396. Neste último caso, o prior do cenobio -Diego Fernández- acorda co seu foreiro, Gonzalo Pérez de Eiré, o contrato enfitéutico do souto e sequeiro de Balboa, en San Xoán da Moura (Nogueira de Ramuín):
"Conuen a saber, o noso souto et sequeyro que dizen de Valboa, que he en na ribeyra da Cabreira, con todas suas perteenças quantas ao dito souto e sequeyro perteesçan, et con entradas et seydas a montes et a fontes uquer que uaan en o syno de Seoane de Moura".
Lembremos que evidentemente os propios abades dos mosteiros ou o os responsábeis dos priorados poden esixir a creaciòn de sequeiros, como se percibe nun contrato do 7 de abril de 1428 procedente do mesmo Pombeiro. Por medio del Xoán Daián e Tereixa Afonso quedan obrigados en facer esta construcción no Souto de Seoane da Pena, que o prior lles afora xunto co monte do Rego Traveso:
"Conuen a saber qie vos aforamos o noso souto de Seoane da Pena con todos os seus castineiros e herdades e aruores ven a saber que vos aforamos ho noso souto de Seoane (...) outrosy vos aforamos con esto que sobredito he o noso monte de Rego Trauesso (...) a tal pleito e condiçon que ponadas en o dito souto de Seoane quinze castineiros e que sejan presos de enxerta e que façades hy hun sequeyro para secar e coller as castannas (...).
Esta dinámica de conservar os sequeiros vese como unha práctica habitual nas terras dependentes de Pombeiro, xa que incluso polo ano 1439 o seu prior obriga a certos foreiros a "que cubrades hy un sequeyro", localizado no souto de Cenfogos. Vinte anos máis tarde arrenda o souto de Seenço co seu sequeiro".
Páxinas 129 y 130
No Medievo, castañas e castiñeiros como recursos económico
Héitor Picallo Fuentes
Edicións Fervenza

Comentarios