A mirada
Só cando a mirada ábrese ao par do visible faise unha aurora. E detense entón, aínda que non perdure e só sexa fuxitivamente, sen apenas duración, pois que crea así o instante. O instante que é ao par indeleblemente un e duradeiro. A unidade, pois, entre o instante fuxitivo e inasible e o que perdura. O instante que alcanza non ser fuxitivo índose.
Inasible. O instante que xa non está baixo a ameaza de ser cousa nin concepto. Gardado, escondido na súa escuridade, na escuridade propia, pode chegar a ser concepción, o instante de concibir, non sempre inadvertido.
E así, a mirada, recollida na súa escuridade paradoxalmente, saltando sobre unha aporía, ábrese e abre á súa vez, "á imaxe e semellanza", unha especie de, circulación. A mirada percorre, abre o círculo da aurora que só se deu nun punto, que se mostra como un foco, o fogar, sen dúbida, do horizonte. O que constitúe a súa gloria inalterable.
Zambrano, M.: "La mirada", en De la Aurora, Madrid, 1986. Ed. Turner.
Fotografía de © Candela Pérez Tejelo

Comentarios