Capas


Osibisa (MCA Records). Tres músicos ghaneses, un nixeriano, un de Antigua e outros de Trindade formaron hai medio século o grupo Osibia no Reino Unido, conxunto que se presentou discográficamente ao público internacional en 1971 co elepé que levaba o nome do septeto. 

A banda, máis alá do exotismo dos vestidos, sombreiros e instrumentos musicais de feitura étnico, converteuse nun auténtico revulsivo no ámbito do rock de comezos dos setenta, ao abrir dito estilo a novos ritmos, como fixera un par de anos antes nos Estados Unidos o grupo Santana coa súa axeitada aportación das cadencias afrocaribeñas a música eléctrica.  

O público identificou a Osibisa coa música africana que sen dúbida os seus membros tocaban, pero tamén no seu primeiro disco había ritmos caribeños, por razóns obvias da procedencia de dous dos seus membros. Mais, o combo iba máis alá das armonías tribales, pois os seus compoñentes non tiñan ningún complexo a hora de recibir cos brazos abertos outros xéneros musicais: jazz, rock e algo de r&blues.

 Unha demostración desa mestizaxe antes descrita prodúcese no momento da interpretación da peza que abre o disco grande, en concreto, a titulada “The Dawn”,  de texturas jazzísticas que comeza cunha pequena introducción na que se espallan sons, ruidos de raigame no occidente africano que vai adquirindo un cada vez maior protagonismo grazas a percusións e ventos. 

A primeira peza do repertorio de Osibisa serve así mesmo para apreciar a diferenza do grupo con outras formacións contemporáneas dos circuítos de actuacións das Illas Británicas. No hai que esquecerse que o glam aínda estaba presente no repertorio de grupos e solistas ingleses, mentras que o rock progresivo, o sinfonismo e o hard continuaban acaparando as preferenzas dos aficionados e de parte da crítica musical. 

O resto do repertorio é xeneroso en canto a frescura, axeitada conxunción de instrumentos varios -tamén hai protagonismo por parte de teclados, guitarra eléctrica e batería axeitados ao rock-, e recreación dos ritmos habituais dos lugares donde procedían os músicos. Basta con escoitar a precisa "Music For Gong Gong”, de exhuberante percusión afrocaribeña. Nunha onda semellante están “Ayiko Bia”, “Akwaaba” e “Oranges”. Nunha liña audaz non exenta de mistura entre vangardismo e tradición aparece "Phalus C", que serve de longo preludio ao arrebator peche da lista do disco: “Think About The People”, canción na que a voz entre soul e roqueira do cantante resalta o bo facer de Osibisa na súa posta de largo discográfica.

Pódese dicir que combo multétnico abriu o camiño á música do continente negro ata daquela bastante descoñecida, agás algún éxito puntual, pero que na década dos oitenta tería o seu máis importante período de difusión sobre todo en Europa. A carauta do disco pertence ao inconfundible e gran deseñador do Reino Unido, Roger Dean.

Repertorio: “The Dawn”, “Music For Gong Gong”, “Ayiko Bia”, “Akwaaba”, “Oranges”, “Phallus C” e “Think About The People”.

Músicos: Teddy Osei (saxo tenor, flauta, percusión africana e voz), Sol Amarifio (batería), Mac Tontoh (trompeta e flugelhorn), Spartacus R (baixo e percusión), Wendell Richardson (guitarra e voz), Robert Bailey (órgano, piano e timbales) eLoughty Lasisi Amao (saxo tenor, sexo barítono e conga).


Outras portadas: "Woyaya" (1971), "Heads" (1972), "Osibirock" (1974), "OJah Awake" (1976), "Black Magic Night" -en directo- (1977), "Welcome Home" (1977) e Mystic Energy" (1980).






Comentarios

Publicacións populares