Dous da mesma condición

Mujeres de dictadores
Juan Gasparini
Península/Atalaya
196
Barcelona
2002


O refraneiro popular é unha fonte constante que persoas de toda índole utilizan para facer unha descrición rápida do relacionado co humano e as súas circunstancias, hábito sobre a necesidade de chegar ao fondo dunha cuestión sen estenderse en reflexións profundas.  Así existe o que di: "Dous que dormen nun colchón, vólvense da mesma condición", o cal significa que a convivencia estreita dos cónxuxes adoita traer como consecuencia que acaben coincidindo en actitudes e modo de pensar. Diso trata o libro Mujeres de ditadores, do xornalista e escritor arxentino Juan Gasparini (1949).

A obra serve ao seu autor para trazar os perfís de ditadores contemporáneos de acordo cos retratos das súas mulleres. Estas denotan que os autócratas da segunda metade do século pasado non as contemplan nun segundo plano, como a miúdo transmiten as biografías interesadas. Máis ben, como indica Gasparini, o egocentrismo, a arrogancia, o desamor e a manipulación adorna a follaxe dos xardíns de supostos contos de fadas sobre os matrimonios dos tiranos, lugares nos que abundan a paixón e a crueldade. Diso sabían bastante Agusto Pinochet, Ferdinand Marcos, Rafael  Videla, Fidel Castro e Sloboan Milosevic, xa desaparecidos, e tamén Alberto Fujimori, xubilado das súas funcións de mandatario e, de momento, nunha cadea do seu Perú natal.

As investigacións históricas e xornalísticas son fundamentais para profundar no ámbito dos déspotas e, con semellantes apoios, non é imposible extraer bastante información sobre as mulleres que poboaron a vida afectiva, se nalgúns casos a tiveron coñecidos déspotas. Sobre as súas andanzas poderíase establecer un relato xocoso, pero o citado libro fai énfase en que todos teñen tras de si moitas mortes e moito sufrimento mantidos por poderes ilexítimos nos que tamén colaboran amplos sectores da sociedade que neste caso non formaban parte da familia sanguínea dos sátrapas.
Gasparini, denantes de entrar en materia, percorre a verea sentimental doutros ditadores como Antonio de Oliveira Salazar, Stalin, Hitler e Franco. Outros excelentes exemplos de monstros que xurdiron nun mundo de crise no que ás veces toman o poder como supostos liberadores, pero que máis temperán que tarde impoñen os seus coñecidos métodos de terror. Non son todos os que están nin tampouco a media ducia que serven para dar título ao libro, pero si convincentes polas súas falcatruadas que arrepían ao pensar que por moito que nos informen e lembren o terror, este reaparece periodicamente como queda demostrado nas distintas etapas da humanidade.

Como mostra un botón do amplo vestiario do ditador arxentino, o xeneral Jorge Rafael  Videla, quen tras a súa fachada de ultracatólico agochaba un auténtico psicópata que para nada temía as chamas do inferno que a súa relixión establece para quen se sae do rabaño. En relación co seu amante, o autor apunta:

"Lyda Lombardi no lamentaba haber declinar de formar pareja y tener hijos. En su corazón estaban ausentes las amonestaciones Sólo cabían halagos para el general Videla por su caballerosidad y patriotismo. Varias fotos de él adornaban su vivienda. Una velaba en la cómoda, cerca de la mesa de luz cuando le llegó la muerte el 2 de enero de 2001. Videla supo del fallecimiento pero no solicitó al juez el permiso legal para asistir al sepelio, no comunicó sus condolencias a los deudos. Lyda fue cremada y sus cenizas esparcidas debajo de un árbol añoso, al costado del aljibe de la Plaza Dorrego. Resta por revelar su correspondencia con Videla. Seguramente, Alicia Raquel -su esposa- supo o no quiso imaginar esta saga en un esposo temeroso de Dios, que comulgaba todos los domingos, católico hasta la médula, incapaz de mentirle, e impensable pecando de adulterio, fornicando a sus espaldas" (páxina 273).



Comentarios

Publicacións populares