Encoros
As características xeográficas de Galicia, as condicións de pluviosidade, o seu relevo, a súa rede fluvial, son factores que propiciaron ó longo da historia contemporánea o desenvolvemento dunha política de aproveitamento dos seus recursos hidrográficos. Pode que, coa mentalidade de hoxe en día, tal opción poida ser considerada pouco ecolóxica, polo impacto ambiental que a construcción de presas e a formación de encoros provoca nos ríos e vales.
Non se trata de facer un discurso nin a favor nin en contra de accións que, por outra parte, xa están consolidadas dende hai décadas. Sen dúbida, o maior impacto ambiental que ten sofrido o Noroeste da península Ibérica en toda a súa historia foi a explotación aurífera das Médulas, feita polos romanos. Mil setecentos anos depois de aplicar en terras do Bierzo as técnicas de ruina montium foi declarada Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
Co paso do tempo, os encoros foron creando os seus propios ecosistemas, con especies vexetais e animais que se aclimataron a novos ambientes, e a natureza adoptounos como se foran mares interiores, lagos. Galicia ten numerosos encoros, é posible que moitos carezan de interese turístico, pero outros moitos, poden ser o eixo dunha nova reactivación turística de áreas de poboación que buscan novas fontes de supervivencia.
Fotografías de © Roque Soto Soto

Comentarios