ESPAZOS





España e Arabia Saudita son países 'amigos'. Pero hai amizades que matan

Iemen leva catro anos en guerra e é o inferno na Terra. Nese mesmo período de tempo, España vendeu máis de 1.100 millóns de euros a Arabia Saudita, unha das partes no conflito.



Desde 2015, Iemen é un país arrasado por unha guerra que se encirra coa poboación civil. A coalición que lidera Arabia Saudita ataca hospitais, colexios, mercados, vodas, funerais... Os números son horribles: case 7.000 civís mortos, máis de 10.000 persoas feridas, máis de 2 millóns de persoas que perderon os seus fogares, 22 dos case 30 millóns de habitante do país en necesidade de axuda humanitaria e case 400.000 menores de idade sufrindo malnutrición. Nenas como Buthaina, de cinco anos, que perdeu aos seus pais e cinco irmáns e irmás de entre dúas e dez anos nun ataque saudita. Un ataque no que se usaron bombas guiadas por láser. Bombas moi similares ás 400 bombas de precisión que España vendeu a Arabia Saudita en 2015 e que, sen moitos escrúpulos, o noso Goberno acabou enviando en 2018. Entre 2015 e xuño de 2018, España exportou armas a Arabia Saudita por un valor superior aos 1.100 millóns de euros. Aínda que o actual Goberno anunciou varias veces non vender nada novo a Arabia Saudita nin asinado novos contratos, non confirmou se revogou as licenzas das autorizacións pendentes do goberno anterior. Mentres outros países, como Noruega, Dinamarca, Finlandia ou Suíza, pararon este tipo de vendas á coalición saudita, o noso país segue correndo o risco de ser cómplice das atrocidades cometidas por Arabia Saudita en Iemen. Ata cando?

Comentarios

Publicacións populares