Nin donos de seu
Arquímedes de ter vivido na actualidade desbotaría a panca para apuntarse ás novas tecnoloxías como ferramentas para mover o mundo. A aseveración vén a conto porque a actividade informática se instalou nas nosas vidas de tal maneira que se pode afirmar que estamos abertos a ela as 24 horas do día e os sete días da semana. Sen preguntar, que queremos realmente de tal actividade, a xente tende a internarse nos inescrutables camiños da informática coa vehemencia do antigo explorador estimulado máis pola sorpresa que pola verdadeira utilidade ou beneficios da súa acción.
Os avances que se producen no ámbito das novas tecnoloxías constitúen a esencia do desenvolvemento humano dende finais do segundo milenio, pero isto, non obstante, non leva aparellada a liberación que supoñía á revolución tecnolóxica. Ao contrario, non é estraño que exista a sensación de que as persoas teñen cada vez menos tempo libre dentro dunha sociedade que en teoría fomenta o ocio e o tempo libre. Pero, pola contra, os adiantos en todos os terreos, acelerados por esa alta velocidade que desenvolve internet, non se complementan co regalo de ter un momento para nós mesmos.
Cada día é máis habitual que calquera persoa pase máis tempo revisando, desbotando e contestando os correos electrónicos, moitas veces dentro dun vórtice automático que se aplica a todos os aspectos da vida cotiá. Ese automatismo deslígase da reflexión, da atención, e ten o seu exemplo máis claro no aumento dos trastornos por déficit de atención, entre os máis novos, mentres que os "maiores" recorren cada vez a todo tipo de fármacos para combater xa sexa o estres pola sobrecarga de información e o esgotamento pola frustrante tarefa que impón o continuo bombardeo de información imposible de asimilar. Se esa dinámica está presente noutros espazos vitais, o dito anteriormente: somos escravos en lugar de liberados.
A velocidade combátese con calma ou ben cunha parada a tempo para evitar estrelarnos, por iso é recomendable de cando en vez, ver, oír e reflexionar. A vida non está detrás dun clic, senón en nós mesmos, e no sentido que queiramos darlle. As novas tecnoloxías están moi ben como complemento, pero non como invasoras dos nosos espazos vitais. De cando en vez vén ben botar o peche polo que sexa e romper a dinámica de aberto as 24 horas do día. Máis do que pensamos, das nosas actitudes depende que unha sociedade fomente o progreso, a democracia, a tolerancia, como tamén favoreza o totalitarismo, a alienación e a intransixencia.
Texto e fotografía de © Roque Soto Soto

Comentarios