221-B de Baker Street
Encontráramonos ó día seguinte e fomos ver os cuartos do número 221-B de Baker Street, do que falaramos na nosa entrevista da víspora. Consistían en dous confortables dormitorios e unha espaciosa e ventilada sala de estar, alegremente amoblada e iluminada por dúas amplas xanelas. Axustábase tan ben ás nosas necesidades e o prezo era tan módico, unha vez partido entre os dous, que, sen andar con máis voltas, pechamos o trato no momento. Esa mesma tardiña levei as miñas cousas do hotel e, á mañá seguinte chegou Sherlock Holmes con varias caixas e maletas. Pasamos un ou dous días ocupados desembalando os obxectos da nosa propiedade e acomodándonoos o mellor que puidemos. Cumprida a tarefa, fomos pouco a pouco adaptándonos ó novo ambiente.
O certo é que a convivencia con Holmes non resultaba difícil. Era un home tranquilo de costumes regulares. Rara vez estaba a pé despois das dez da noite e, cuando eu me erguía da cama, el xa saíra á rúa. Había días que non botaba a pata fóra do laboratorio e, noutras ocasións, permanecía na sala de disección ou daba longos paseos que o levaban ós arrabaldos máis sórdidos da cidade. Cando o acometía un acceso de actividade, non había ninguén que o sobrepasase en enerxía, pero de tempo en tempo, o péndulo oscilaba cara ó extemo oposto, e pasaba os días estomballado na poltrona da sala de estar, sen darle ó pé nin á perna e sen pronunciar unha fala dende a mañá á noite. Durante ese período captaba eu nos seus ollos unha mirada tan extraviada e baleira que, se a temperanza e a decencia da súa vida non o desmentisen, acaso tería sospeitado que convivía cun consumidor habitual de estupefacientes.
Un estudio en escarlata
Arthur Conan Doyle
Ilustracións de Bristol Observer, Geo Hutchinson e G. Grinham

Comentarios