Como se chegaba a ser afiador
Non é fácil expresar, pois, un perfil, unha tipoloxía clara dos afiadores caldelaos, ben que o home que un bo día tomaba a decisión de facerse cunha roda e, tirando dela, se lanzaba á aventura polo mundo, a priori debía contar cunhas certas características que lle deran forza para lanzarse a ese oficio. Adoitaban ser homes duros e moi curtidos de traballaren no campo. Pero, sobre todo, traballaren no campo nunha desas zonas máis pobres de España. Eran precisamente aquela dureza, aquelas necesidades e dificultades para poderen subsitir na súa terra as que os forzaban a toma-la decisión de lanzárense polo mundo, de botárense á rúa.
Sen dúbida, o traballo da terra obrigaba a facer un mantemento constante das ferramentas agrícolas imprescindibles para roza-los toxos, se-la ferraia ou o centeo, sega-la herba.
Se un mozo era capaz de cubrir estas necesidades, a pouco máis que aprendera estaba xa en condicioñons de coller unha roda emprende-lo oficio. Os nenos caldelaos desde sempre foron crecendo nun entorno no que as conversas cotiás xiraban sobre o tema do campo, dos útiles de labranza e dos animais. Esta tradición oral que xa desde nenos nos chegaba a través das conversas dos maiores, facilitaba moito a integración nunhas actividades e o estímulo dunhas habilidades que, por suposto, uns tiñan máis ca outros. O neno ía crecendo así nun clima austero, duro e que orientaba inevitablemente cara á emigración. A presencia periódica de afiadores, que ás veces era familiares propios e outras veces simplemente veciños, ía fomentando unha cultura de asimilación que facilitaba que o rapaz asumise con toda naturalidade o seu futuro migratorio, no que se podía incluí-lo oficio de afiador.
Os afiadores. A industria ambulante
Olegario Sotelo Blanco

Fotografía afiador en Sevilla, 1947. ® Ramón Vinyera
Comentarios