Era raparigo cando marchei

Era raparigo cando marchei
Peregrinei por aí 
Sen mirar atrás
Ao meu fogar, oh, Deus, Deus, Deus 
Sen mirar atrás unha soa vez

E precisamente onte 
Cando acababa de cobrar 
Atopeime un amigo da nenez
E falou: “A túa irmá perdeuse, a túa nai xa non está 
O teu pai pasa moita necesidade". 

Adoitaba dicirlle a miña nai 
Cando mirábaa andar a cegas
"Construirei un fogar no vento"
Un fogar, no vento, oh, Deus 
Faime un fogar no vento.

Pero agora o vento é 
Só o desexo de volver 
E bérrame que agora non serei capaz 
Que agora non, Oh, Deus, Deus, Deus 
E bérrame que agora non serei capaz. 

Era raparigo cando marchei
Rodei por aí 
Sen mirar atrás 
Ao meu fogar, Oh, Deus, Deus, Deus 
Sen mirar atrás unha soa vez. 


Pormenor dunha canción tradicional do século XX de Estados Unidos
.

Fotograma do filme "Bound for glory" (1976), de Hal Ashby



Comentarios

Publicacións populares