Cadros de honra
Como o personaxe de Proust coa súa madalena a voltas, vénme unha imaxe dá miña nenez no colexio que "non me molaba nada", pois á entrada e á saída de tan ilustre e relixiosa institución os meus ollos sempre ían estrelarse co cristal do cadro de honra onde aparecían os nomes e apelidos dos dous primeiros alumnos con mellores notas dos respectivos treitos educativos que alí se impartían.
Aquela pequena e exemplar exposición sen dúbida era unha arma de dobre fío, a pesar de seguir a moda corporativa de Estados Unidos naqueles anos aínda de intenso franquismo refrescado polos tecnócratas do Opus. E menciono o de dobre fío, porque para os pais dous primeiros dá clase era un ledicia, mais para estes últimos constituía una mágoa pois corrían o risco de sufrir algunha pastroxada e ter que calar. Os nenos tamén son crueis e despóticos na loita pola vida na que tanta presencia ten a envidia, pois, en xeral, nas leiras alleas a colleita é máis abondosa que nos propios.
Eses pos trouxeron estas lamas, porque agora a maioría daqueles avantaxados alumnos xa son adultos cunha longa traxectoria profesional que se concreta en todos os eidos, incluído o paro, ese limbo onde esperan ou seu tren millóns de persoas de toda idade, sexo e condición.
Aqueles cadros trouxeron ao mundo empresarial a unha nova xeración de líderes na que hai os de todo vale e que aparecen nos novos expositores que son os medios de comunicación, incluido o sacrosanto internet. Son eses aos que non lles treme a man para sanear empresas quitando como por arte de maxia miles de postos de traballo e, polo tanto, miles de soldos que deixan na miseria a familias enteiras. Decididores de que toda insolvencia hai que matála ben morta.
Eu fun testemuña de que o bo xestor é aquel en calquera empresa, aínda nas saneadas, a quen se lle respecta polo seu costume de buscar a marca do maior número de despedimentos, procurando iso si que a empresa sufra o menos posible economicamente, que non así ou peto dese ideólogo da patada no cu. Isto tráeme tamén esa imaxe daqueles oficiais xaponeses que en Nankín como costume e, quizais para aforrar pólvora, tiñan a ben como deporte amosar que podían establecer un record de cabezas cortadas coas súas catanas en poucos minutos.
Para non me enrolar máis. Conclusión: Que esta sociedade da présa e competencia é o mellor exemplo da loita pola vida na que os excedentes elimínanse co menor coste. No eido laboral, os despedimentos que tanto enchen as cifras do paro son o exemplo máis claro. De momento a catana é un obxecto un tanto exótico e lonxano da nosa cultura, como noutros tempos o eran os cadros de honra.

Comentarios