Diáspora
Houbo, alá no cabo do catrocentos, unha teimosa porfía entre Milán e Florencia, porque cada unha delas coidaba ser máis que a outra. Dixéronse moitas cousas a prol i en contra das dúas, escribíuse e falóuse da maxestade dos gobernos repeitivos, da dinidade dos pobos, do xenio dos artistas e dos poetas, da fermosura dos edificios, do poder dos dous Estados; mais cando estiñaba xa aquil decorrer de literatura humanística e aceda, Coluccio Salutato, segredario e gardaselos da Señoría florentina, deixouse decir que a súa cidade era tan grande, que aínda que se vira derrubada i esborallada e mortos os seus habitantes todos, abondarían os fillos que vivían fora dela pra erguela de novo, pedra sobre pedra, e pra levala polos camiños da riqueza e da groria.
Nos os galegos podemos decir da nosa terra o mesmo que o canciller de Florencia dixo da súa: porque aínda que unha catástroge nunca vista afundira no chan a todas as cidades, vilas e aldeas de Galicia, como contan que se afundiron baixo das augas as Antioquías da Antela e do Logo de Maside, habían de abondar os esforzos e a tenacidade dos galegos emigrados pra reconstruiren o que estivera caído, e a fecundidade das súas mulleres pra poboar o que quedara deserto.
Mais si Coluccio Salutato arriscóuse a escribir a súa frase chea de fachenda e de fe, foi porque estaba ben seguro do amor dos florentinos emigrados pola súa cidade, convencido de que os banqueiros, os mercaderes, os artistas e os homes de oficio que viran de menos as portas de Santa María dei Fiore e a ponte do Armo, non esquecerían endexamáis i estarían sempre dispostos a daren por elas o seu diñeiro e a súa vida. Ora, ¿poderemos nós, os galegos, facer nosa a frase do canciller humanista? ¿Temos a evidencia de que aquiles nosos paisanos que abandonaron a súa terra, ténenlle lei e agarimo pra inmolar diante da súa lembranza calquer cousa que podía serlle benamada?
A resposta a istas preguntas ten que ser diferente asegún o lugar da nosa diáspora pra onde se volten os ollos; porque hai sitios lonxanos onde Galicia está en pé nos corazóns dos seus fillos, onde se percibe a preocupación polos seus problemas e cultura; mais noutros, en troques, os galegos perden o desexo de conservar a súa persoalidade e a súa ialma, deixan que se eslía no ambente que os arroedea e creban os vencellos todos que os xunguían á terra natal.
O pior perigo pra os pobos que, coma o noso, viven en dispersión é iste de que unha porción considerábele, cáseque a máis rica, a máis aitiva, a máis arriscada, esqueza as veigas, os ríos, o mar e as montanas do país que deixaron por outro país que no era o seu.
É certo que houbo pobos, como o xudeu, que vivíu e aínda vive en diáspora; ou coma os zíngaros, que espallados polo mundo enteiro, son sempre zínganos; mais os primeiros tiveron e teñen a relixión, que aínda abandonada por moitos, sirve pra apreixalos, e os segundos, a súa vida nómada presérvaos de seren ausorbidos. Mais os galegos non temos unha relixión particular, nin somos nómadas, e polo tanto soio un forte, un ardente, un increbantábele amor á terra en que fumos nados pode manter en pé a nosa coleitividade.
Eu comprendo que un labor endereitado niste senso, é pouco doado de realizar, mais non é imposibel. Comprendo que se precisaría unha teima misional, unha posta en aición de todos os esforzos pra acadar o fin desexado, e soño con que os galegos da Arxentina, os que millor sinten entre os galegos a emoción de Galicia, e a urxencia das súas íntimas areas, intenten a predicación desa doutrina; e que cheguemos a contar, como contaron os xudeus, cunha Alexandría ultramarina, que sexa luzada que nos estimule e nos alumée.
1953
Prosas galegas
Florentino L. Cuevillas
Fotografías de ® Roque Soto Soto

Comentarios