Monte  Hellman: Teño tendencia a ver o que nos rodea sempre igual. Na miña vida, hai lugares onde sinto a hostilidade máis que noutros, pero descontando isto, penso que uno non pode escapar de si mesmo. En Two-Lane- Blacktop, os personaxes vaian onde vaian, sempre están no coche, o coche é o seu mundo e non importa onde se atopen. Pero é importante que viaxen, que vaian dun Estado a outro, por iso é necesario que todo sexa preciso, e que a paisaxe detrás do cristal sexa diferente. Pero á fin e ao cabo, todo é igual, a última escena é a mesma que a primeira. Os personaxes cambiaron un pouco, nada máis.

Non son consciente de certo  anti-humanismo que se me reprocha, pero si sei que son  anti-sentimental, e a miúdo confúndese  sentimentalismo con humanismo. Cando se tenta non ser sentimental, parece que se trata de frialdade, pero para min non é asunto de frialdade, senón de aceptación dos aspectos desagradables dos personaxes e de negarse a dar aos público elementos que lle fagan simpatizar con eles.

Positif nº 150. Maio de 1973



A posta en escena de Two-Lane- Blacktop é tremendamente refinada. Hellman normalmente aguanta un plano durante un longo tempo, e isto contribúe ao ton de dislocación da película, debido a que máis a miúdo que na maioría das películas, un corte de plano significa un cambio de situación ou salto no tempo.



Só ao final da película as contradicións dunha narrativa concéntrica esquécense en favor dunha traxectoria que se dirixe cara á catársis, e apropiadamente isto significa un final sen contacto humano. No plano final da  película, o condutor está outra vez nunha carreira, esta vez como unha forma de compensar a perda da moza; a cámara, colocada detrás del, recolle a experiencia a cámara lenta. De súpeto a imaxe préndese lume e desaparece na nada, abandonando ao condutor na intensidade subxectiva da obsesión. Despois de terminar a rodaxe de  Two-Lane- Blacktop, Monte  Hellman comentou que era unha película sobre "canto romance queda nun mundo non romántico". Pero aínda que este tema está presente nunca está imposto ao público de maneira insistente.  



O que conta para  Hellman o o proceso mediante o cal se poden sacar conclusións da acción tanto como as conclusións en si mesmas. Hellman sempre pide unha resposta creativa do espectador, desafiándolle a calibrar un carácter a través dun xesto, a enfrontarse cunha pantalla chea de estraños elementos  antitéticos á vez, e adiviñar estratexias detrás das rupturas narrativas. Así o espectador chega a comprender tanto as limitacións como as ambigüidades do que percibe e o como os percibe terminando coa perspectiva necesaria para entender os personaxes.



Terence Butler. Movie. Maio de 1973


Ficha técnica

Título orixinal: Two-Lane Blacktop
Ano: 1971
Duración: 101 minutos
País: Estados Unidos Estados 
Dirección: Monte Hellman
Guión: Rudy Wurlitzer, Will Corry (Historia: Will Corry )
Música: Billy James
Director de fotografía: Jack Deerson
Consexeiro fotográfico: Gregory Sandor
Montador: Monte Hellman
Inxenieiro de son: Charles Knight
Axudante de dirección: Ken Swor
Productor: Michael S. Laughlin
Director de producción: Garry Kurtz
Axudante de producción: Lee Venner
Consexeiro técnico: Jay Wheatley
Diseño de títulos: Marion Sampler
Repicado de son: Howar S. Woolman
Montaxe musical: Synchrofilm Inc.
Diálogos (coach): Jaclyn Hellman
Casting: Freed Roos e Jennifer Shull
Diseño e feitura de coches: Richard Ruth, William Kincheloe e H. Alan Deglin
Vestiario: Richard Bruno
Productora: Universal Pictures


Actores

James Taylor, o conductor
Dennis Wilson, o mecánico
Laurie Bird, a rapaza
Warren Oates, GTO
Rudy Wurlitzer, conductor de Hot Rod (Rudolph Wurlitzer)
Bill Keller, autostopista de Texas
Harry Dean Stanton, autostopista de Oklahoma Hitchhiker (H. D. Stanton)
Don Samuels, policía 1 de Texas
Charles Moore, policía 2 de Texas
Alan Vint, home en motel
George Mitchell, conductor de camión accidentado
A. J. Solari, autostopista de Tennessee 
Katherine Squire, muller maior
Melissa Hellman, rapaciña con anciá recollidas por GTO
James Mitchum, home 2 en pista de carreiras (Jim Mitcham)
Kreag Caffey, rapaz da motocicleta
Coches: Chevrolet 1955 e Pontiac 1970



Monte Hellman

Nacido en Nova York, cidade na que os seus pais se atopaban de vacacións, Monte Hellman fixo os seus estudos en Californa, onde ademais comezou a traballar como actor mentres estaba na High School. Grazas a unha beca puido matricularse na Universidade de Stanford, na que obtivo a licenciatura en declamación e arte dramática. Tamén fixo estudos na Universidade de California de Los Ángeles (UCLA), que compaxinaba coa práctica da fotografía. Ao rematar os estudos universitario, formou parte dun grupo teatral de repertorio chamado The Stumptown Players, que realizaba postas en escena no lugar de Greenville, a cen kilómetros do norte de San Francisco. Nese colectivo participou como actor e director. Entre 1957 e 1958 alquilou un teatro de Los Ángeles no que desenvolveu a labor de productor teatral.  

Na ABC traballou entre outros postos en auxiliar e axudante de montaxe da serie de telefilmes The Medic. Pasou aos Ziv Studios, pero foi co director Roger Corman co que tuvo a oportunidade de dirixir a primeira película. De aí que Hellman ao participar en produccións de Corman, pertence a unha xeración formada na factoría do citado director norteamericano e na que se integran Peter Bogdanovich, Fancis Ford Coppola, John Milius, Bob Rafelson, Dennis Hopper, Martin Scorsese, Irven Kershener, George Lucas, Jack Nicholson e Henry Jaglom, entre outros. 

O prestixio de Hellman a nivel da crítica cinematográfico non é paralelo ao éxito comercial, o cal lle da unha aureola de malditismo ao seu traballo artístico. Nese sentido, Hellman manifesta: "Un encargo, non unha elección persoal. Esa é sempre a miña situación. O productor contratame, entregame un gruión que non me gusta nada, propoño algúns cambios, e finalmente chegamos a un guión completamente diferente". 

Na súa ampla traxectoria cinematográfica, Hellman tivo varios fracasos en proxectos e encargos que lle propuxeron e que, en determinados casos, non foron realizados ou os remataron outros directores.  


Teatro

1954. Night Must Fall. (Emily Williams). (Greenville). Director.
1955. The Voice Of The Turtle (John Patrick). (Greenville). Director.
The Hasty Heart (John Patrick). (Greenville). Director.
1956. Of Mice And Men (John Steinbeck). (Greenville). Director.
The Skin Of Our Teeth (Thornton Wilder). (Greenville). Director.
1957.  Bell, Book And Candle (John Van Druten). (Los Angeles). Director.
En Attendant Godot (Samuel Becket) (Los Angeles). D. e p. 
1958. The Great God Berown (Eugene O' Neill). Director e productor.
Colombe (Jean Anouilh). Productor.
The Cave Dwellers (William Saroyan). Productor.


Cine

Beast From Haunted Cave* (1959) The Wild Ride* (1959)
The Last Woman On Earth* (1959)
Ski Troop Attack* (1960)
Creature From The Haunted Sea* (1960)
The Terror* (1963)
Back Door To Hell (1964)
Flight To Fury (1964)
The Shooting (1966)
The Wild Angeles* (1966)
Ride In The Whirlwind (1966)
The St. Valentine's Day Massacre* (1967)
Head* (1968)
How To Make* (1968)
Two-Lane Blacktop (1971)
Shatter (1973)
Cockfighter (1974)
The Killer Elite* (1975)
A Fistful Of Dollars (ABC TV) (1977)
The Greatest* (1977)
China 9, Liberty 37 (1978)
Avalande Express* (1978)
Inside The Coppola Personality (1981) (corto)
Iguana (1988)
Silent Night, Deadly Night 3: Better Watch Out! (1989)
Reservoir Dogs* (1992)
Trapped Ashes* (2006) 
Road To Nowhere (2010) 

* Axudante de producción, dirección compartida, montaxe, director de diálogos, productor executivo e finalización filme.

Comentarios

Publicacións populares