Cacabelos

No mesmo medio do xardín berciano
veise unha vila do xardín delicia
nun val que rega o río Cúa oufano
porta de flores da feraz Galicia.
Regan o campo as presas dos muíños
e baña a vila un río que, por teito,
grilandas ten de umeiros, sangubiños,
agavanzos, salgueiros i-algún fieito.
Esvaran seus cachois cristaliños
de areas de ouro por un brando leito
onde nadan os peixes, corren muitas
anguías e brincan fóra da auga as truitas.
Entre as devesas en que as eguas corros
para defenderse, fan, das dentelladas
dos muitos lobos, i-onde van dos zorros
fuxindo as pobres lebres apuradas.
Xibrian os estorniños e cochorros
rulan as rolas que andan en bandadas
gorxea o pardillo á par dos reiseñores
i-as barburetas dan bicos nas flores.
No mesmo medio do xardín berciano
veise unha vila do xardín delicia
nun val que rega o río Cúa oufano
É Cacabelos, porta de Galicia.



Cantigas bercianas
Antonio Fernández Morales


Pinturas de Alfonso González del Dedo e José S. Carralero


Comentarios

Publicacións populares