Tuturutú


Soñei cun tuturutú
que baixaba dunha estrela
tocando arreo moi ledo
un chifro de canavela.

Un chifro de canavela
con ramalletes de xesta,
tuturutú musiqueiro
todo vestido de festa.

Todo vestido de festa
veu direitiño pra min,
pero cando fun collelo
espertei e non o vin.

Espertei e non o vin,
por máis que soñar a treu,
o xoguete querendoso
por onde chegou, fuxeu.


Xosé Neira Vilas


Comentarios

Publicacións populares