UN SEÑOR DE QUIROGA CHAMADO DON PEDRO



Vilas literarias: Quiroga


A prisón soterrania

Un señor de Quiroga (Lugo) chamado don Pedro, tiña unha belida filla de cabelos loiros coma os d'unha fada. Esta fidalguiña, que había por  nome Sancha, gostaba de paseare pol-os arredores do castelo de seu pai, e moitas vegadas ía soíña, vestindo unha sinxela rouparía, coma unha vilega calesquer. 

Nun dos seus paseios atopóu certa serán d'outono un mozo xentil que  viña de cazar nos montes do Courel, e portaba ante sí, sobre o poldro en que cavalgaba, un cáparo que abatera c'unha certeira seta da sua baesta. 
Fiz, que tal era o nome do rapaz, saudóu moi cumprimenteiro a doncela, sen sospeitar quen ela era; ésta ollóu pra ele con apracemento e deulle os parabens pol-a feliz cazata. Cruzaron despois breve parolar no que ele decra-rouse coma escudeiro do señor de Osorio,de Castro Caldelas, e a rapariga coma pertencente á servidume do de Quiroga. 

Gostáronse entramos e prometéronse voltar á se veren, despedíndose con ledas verbas de boa amizade. 
E nafeuto, días despois de novo os dous rapaces voltaron á se atopar á beira do río Sil. E aqueles encontros repetíronse; ata que un día don Pedro, o pai de Sancha, soubo d'aqueles encontros e de como os dous amábanse ao que somellaba. 

Don Pedro, que fixo chamar a filla ante sí e perguntáralle quen era o galán; ao saber que era un fidalgo, simpre escudeiro do señor de Osorio, proibíu a Sancha que voltara á se vere co'ele; pois a sua nobreza non era pra se emparellare con tal mozo, nen o de Osorio era tampouco cabaleiro das suas simpatías. 
Mas, a rapariga que ía gañando querer ao xentil doncel, se non resinaba á rexeitalo; e coidando que algún día o seu pai había caudecer, amostróu ao seu namorado galán a entrada segreda d'unha pasaxe que indo por baixo do Sil chegaba deica o interior da torre mestra do castelo de seu pai. Ela, dende alí, iría se axuntar co'ele, e no interior d'aquel segredo vieiro pode-ríanse falar sen que ninguém os vira nen poidera sospeitar de tal cousa. 

Don Pedro noustante vixiaba e decontado decatouse do que acontecía. Grande foi a sua carraxe por considerare que aquelas xuntanzas dos dous namorados na pasaxe segreda eran un aldraxe para a sua dinidade de pai e de señor. E decidíu imporlles unha punizón exemprar. 

Adicouse daquela a espreitar, e cando ouservóu que a sua filla penetraba no vieiro soterranio, ordenóu a homes da sua fianza que entaiparan a entrada; 
e pouco despois, asmando que o galán iría en procura da sua amada, pechóu 
tamén a saída do tunel. 

E alí ficaron para sempre entramos amantes, soterrados naquela prisón baixo as augas do Sil. 

E cóntase que eles son os proxenitores das lavandeiras que moran nas 
profundezas das augas do coudaloso ribeiro, e lavan e adoan as pevidas de 
ouro que arrasta o rumoroso Sil. 


Lendas tradicionais galegas
Leandro Carré Alvarellos

O texto traducido ao galego-portugués foi recollido da publicación feita polo Museu de Etnografia e História do Porto, durante a dirección do doctor Fernando de Castro Pires de Lima (1908 -1973).

Impresa Portuguesa /Rua Formosa, 108-116 / Porto


Os debuxos son de F. Ezquerro e de Teixelo (o último que aparece neste post).


Comentarios

Publicacións populares