TORRENOVAES

Vilas literarias: Quiroga



Torrenovaes

Reinaba en León, aló polo ano 931 don Ramiro o II, que reemprendéu 
con grande valor e coraxe a reconquista da Hispania, chegando no 932 ata 
as portas de Aaxerit, praza e fortaleza que conqueríu aos árabes, e que 
anos despois habería de ser a capital da España: o Madrid dos nosos tempos. 

Como de cote, tomaron parte na espedizón varios nobres galegos, distin- 
guíndose polo seu valor un fidalgo das terras de Quiroga, Paio Peres, a 
quen o Rei premióu concedéndolle un pequeno señorío na marxe direita do 
río Sil, perto de Montefurado, onde inda pódense ver as roíñas das torres 
do seu castelo de Torrenovaes. 

Aliado o rei don Ramiro co Conde de Castela, lograron unha grande 
vitoria sobre o Califa Abderrhaman III, en Simancas, e adonáronse de grandes 
riquezas atopadas nas tendas dos coudeles mouros, do que lle correspondeu 
unha non pequena parte a Paio Peres, a mais de outer a venia do Rei para 
se retirare ás suas terras e costruir un castelo nos dominios que devancera 
mente lle foran concedidos. 
Ordoño III que socedéu a don Ramiro no ano 950, decidíu continuare 
a campaña contra dos infieis, e envióu mensaxeiros á Galiza para chamar 
os seus ricos-homes e vasalos. Un fidalgo que parcorría o país con tal ouxeto, 
perguntóu pola morada de Paio Peres, sendo guiado por un labrego deica 
moi perto do outeiro enriba do que fora ergueito o castelo, dicíndolle: 

— «Aquela torre nova é». 
— «Torre nova es» ? — dixo o mensaxeiro do Rei. 
E dende aquela «Torre nova es» ou «Torrenovaes» foi chamado o castelo 
e mais o seu dono. 

Mas, esta campafia foi para o señor de Torrenovaes, don Paio Peres, 
tan malfadada, que morréu nun combate loitando a frente da sua mesnada 
contra os mouros, sen deixar seme que poidera herdar os seus bens. 

Anos andados, aparés un rico-home chamado Paio Correa servindo ao 
rei Alfonso VI no cerco e conquista de Toledo o ano 1085. Este Paio Correa 
outivo varias mercedes, e un seu neto, Pedro Correa, que foi paxe da infanta 
dona Urraca, criouse na Corte. 
Pedro Correa, xa home, acompañou o rei Afonso VII nas suas escur- 
sións por Andalucía, ata a conquista de Almería, facéndolle daquala o 
monarca doazón do castelo de Torrenovaes, pol-o que no adiante coñeceuse 
por Pedro de Torrenovaes. Un neto d'ele, Vasco Martíns de Pimentel que 
herdóu a torre, que non era ben visto pol-o novo rei Afonso IX, pasóu a 
Portugal ao servizo de don Alonso II, fuxindo d'unha vinga que quería 
facer nel o Rei de León.

O caraute xoto e violento de Vasco Martíns de Pimentel e Torrenovaes 
provocóu teimosas xenreiras e desavenzas con frades e bispos de Portugal. 
Podente daquela o clero botóu a paulifia contra o señor de Torrenovaes, 
o que non puido evitare don Alonso II, pol-o que don Vasco tivo que voltar 
a Galiza e pedir proteizón a un dos seus parentes mais achegados á quen 
nomeara alcaide do castelo de Torrenovaes o rei de León Afonso IX. 

Este Rei Afonso soubo da volta do señor de Torrenovaes don Vasco 
Martíns e mais do abeiro que lle dera o seu parente no castelo, e quixo 
aporveitar o ensexo para o punir. 
Grave foi o aperto en que se víu o Alcaide de Torrenovaes cando se 
apresentóu ás portas da fortaleza un escudeiro acompañado de farautes 
procramando por tres veces o nome do rei don Afonso IX de Léon, e inti- 
mando a entrega do rebelde Vasco Martíns no prazo de vintecatro horas. 

Testos eran os muros e aguerridos e fieis os homes d'armas que gor- 
necían o castelo; mas, se o cerco se alongaba, logo se verían os sitiados sen 
auga nen mantimentos. 

— Non quero que sufrades inxustamente por min o asaño do Rei de 
León, nen vos espor a unha morte certa se resistimos aquí aos seus solda- 
dos — dixo Vasco Martíns — . E non teñades medo por min. Meu abó Pedro 
Correa de Torrenovaes, fixo costruir unha mina que vai do soterranio do 
castelo deica a outra beira do rio. Adeus. 

No día seguinte, cando voltaron os enviados do Rei, adiantouse o 
Alcaide decíndolles que o señor de Pimentel non estaba no castelo, e que 
se a noite devanceira lles non permitira a entrada era porque temía unha 
solpresa ou um ardil de guerra, posto que polo escuro non podía ver que 
xentes eran as que ás portas do castelo chamaban. Con todo, o recinto do 
castelo foi esculcado sen que poideran atopar nada sospeitoso, pois non deron 
coa entrada da mina moi ben disimulada. E despois de descansar alí un día 
e deixando un reforzo de vinte homes da sua fieza, mais que nada para vixiar 
a conduta do Alcaide e ver se o señor de Pimntel e Torrenovaes iba ao 
castelo, os emisarios do Rei volráronse para León. 
Cando chegóu a primaveira, unha numerosa partida de mouros almoha- 
des, capitaneados por un guerreiro de negra armadura, sen armas nen divisa 
algunha na sua bandeira vermella, sen prumas nen cimeira no seu coruscante 
casco, entró pol-as fronteiras de León, levando todo a sangue e lume, 
arrasando logares e deixando por ondequeira que pasara o estarrecedor rasto 
da desolazón. 

Recoñecéu Afonso IX a man do vingativo e rebelde vasalo Vasco Mar- 
tíns de Pimentel e Torrenovaes; mas, noxado coa reina de Castela dona 
Berenguela e co seu proprio fillo don Fernando, tivo que sofrir carraxento 
mas impotente aqueles desmans. 

Non pasara moito dende a esaltazón ao trono de Fernando III, despois 
da morte de Afonso IX, cando apresentouse na Corte un cabaleiro coberto 
con negra e polida armadura, abaixada a cilada do seu casco sen cimeira, 
e pedindo unha audencia segreda do monarca, que acedéu á petizón do mis- 
terioso cabaleiro. 

Breves foron as verbas que mediaron antre o Rei e mais o cabaleiro, 
saíndo este ao pouco tempo coa testa abaixada, e cruzando por antremeias dos 
cabaleiros da Corte, amontóu no seu cabalo que deixara á porta e disparecéu 
rápidamente. 

Días despois, os moradores da pobra de Torrenovaes contaban que tiña 
aparescido un encoberto e misterioso penitente que se acobexaba na vella 
atalaia achegada ao castelo. 

Algunha relazón tiña de haber antre o soedoso ermitán e o fiel Nuño, 
alcaide de Torrenovaes, pois se lle vía tristeiro e calado dende que o peni- 
tente aparescera e se alguén vixiara pol-as noites, podería velo saír pol-a 
poterna do castelo caladiñamente; atravessar o río por un pontillón e ir 
cara a vella atalaia, a cuia porta agardábao o misterioso encapuchado peni- 
tente para recibir un cesto de mantimentos que lle o alcaide Ievaba. 

Unha noite, en cabo, Nuño non atopóu o ermitán á porta como adoitaba. 
Subíu a abalante escaleira da atalaia, e víu enriba d'unha morea de follas 
secas o cadavre, que tiña ntre s mans un pequeno crucifixo. 

No día seguinte foi soterrado na capela do castelo. 



Lendas tradicionais galegas
Leandro Carré Alvarellos

O texto traducido ao galego-portugués foi recollido da publicación feita polo Museu de Etnografia e História do Porto, durante a dirección do doctor Fernando de Castro Pires de Lima (1908 -1973).Impresa Portuguesa /Rua Formosa, 108-116 / Porto.


Os debuxos e imaxe son de:

Teixelo (dous primeiros de Torrenovaes)
Historia de España, primer grado, Edelvives, 1949
Miniatura de Alfonso IX, catedral de Santiago de Compostela
O príncipe almohade Miromolin, infante andalusí e garda almohade. Angus McBride
Roque Soto Soto
Emily González Gallego

Comentarios

Publicacións populares