Xastres
Por canto o oficio de xastre é menos abundante có de costureira, pero coma aquel, non precisa esforzo para exercelo. Sen embargo, á diferencia das costureiras que van a coser polas casas o xastre adopta ter un obradoiro fixo no seu fogar, no que recibe os clientes e lle fai os encargos.
Para o desenvolvemento do traballo emprega os mesmos trebellos que a costureira: tesoira grande e pequena para corta-los panos, agullas que garda no agulleiro para non perdelas, fíos para coser, dedal para protexe-lo dedo, vara, patróns e xiz para marca-los cortes das teas. Nos últimos tempos incorporou ó oficia a máquina de coser de pé fronte á máquina de man das costureiras que e máis liviá e transportable dun lado para outro sobre a cabeza das profesionais.
Os xastres confeccionan, sobre todo, os traxes dos homes e tamén os arranxan. Tamén facían os dengues e muradanas das mulleres e moitos outros traballos nos que puñan a proba a súa fantasía e creatividade.
O folclore populare olla ós xastres con certa desconfianza. Os ditos, contos e cantigas trátanos a miúdo con desdén, cualificándoos de pouco homes e falsos, dos que non se debe fiar. A seguinte copla de Ramón Cabanillas: "Sete xastres fan un home/ e vintecinco un testigo/ fan falla cento cincuenta/ para firmar un recibo" fai referencia a unha escasa consideración social do oficio, que pode ser debido a que moi a miúdo, o xastre é un "especialista" independente que traballa solitario no seu obradoiro ó que as personas que solicitan o seu servicio deberán levarlle as materias primas que mercan (tecidos, fíos, botóns, ollais, etc.), séndolles moi difícil o control do emprego das mesmas no obradoiro profesional. Tamén pode ser debido ó feito de que este oficio acostumaba a ser desenvolvido por individuos físicamente débiles -corcovados, coxos-, ou portadores dalgunha enfermidade que lle impedía realiza-os-traballos agrícolas, que eran os máis valorados polo mundo campesiño tradicional. Do que tampouco cabe dúbida, é que esta antiga desconsideración popular deste oficio tense convertido na alta valoración actual dos xastres que nos quedan en activo.
Os saberes tradicionais dos galegos
Xosé Antonio Fidalgo Santamariña
Editorial Galaxia
Comentarios