Capas
Cun impresionante cadro de persoal de instrumentistas, Fausto navega nesa travesía musical por diferentes augas, aínda que o título do álbum vén dicir que son historias das épicas viaxes marítimas tan abundantemente recollidos na literatura lusa.
Sen embargo, as cancións abordan a melancolía producida polo desamor, a deterioración da natureza, a crítica social, o desencanto político, os hábitos das clases populares e tamén os presuntos lazos de unión entre España e Portugal. “Historia de viageiros”, no seu día, demostrou que a música popular portuguesa ía máis aló do fado e as cancións da revolución dos caraveis. A isto contribuíu un concienciado Fausto, outros cantores e notables músicos portugueses que o selo Guimbarda encargouse de promocionar a finais dos setenta e comezos dos oitenta. A mariñeira e satírica cartafol do disco é obra José Brandao.
Canciones: “Peregrinações”, “Ja foste linda Rosa!”, “Roupa velha”, “Eu tenho um fraquinho por ti”, “A nau catrineta”, “Por falar do tempo”, “Eu fui ver o campo”, “Judite!” y “Quase peninsular”.
Músicos: Colaboración especial do grupo portugués “Trovante” (cavaquinho, viola braguesa, mandolina, laude, guitarra, frautas, charamela, acordeón, piano, percusións e coros). Luis Pastor (voz en “Quase peninsular”). Antonio Chainho (guitarra portuguesa), Zé Eduardo (baixo), Pintinhas (percusións), Carlos Meses (armónica), José Antonio (armónica baixa), Rui Cardoso (frauta), Carlos Guerreiro (viola braguesa), Paula Marques Antunes e Eugenia Melo e Castro (coros en “Quase peninsular”) Paulinho das Garotas (guitarra) e Fausto (guitarra).
Outras portadas: Fausto (1970), Pró que der e vier (1974), Beco com saída (1975), Madrugada dos trapeiros (1977), Por este rio acima (1982), O despertar dos alquimistas (1985), Para alem das cordilheiras (1987) y “A preto e branco (1988), Crónicas da terra ardente (1994), A Ópera Mágica do Cantor Maldito (2003) y Em Busca das Montanhas Azuis (2011).
Comentarios