Sinais dun letraferido
Se o tempo e as circunstancias permítenmo, sobre todo neses momentos viaxeiros que se aproveitan para peregrinar sen dirección, neste caso, por cidades, vilas ou lugares cuxos nomes se nos quedan gravados na memoria, é cando me aplico a frase: Onde fores, le o que veres.
Sen dúbida, unha xeración aleitada por nais de papel de todas as clases, cores e cheiros, ten por hábito a acudir a todos os templos nos que a letra impresa nace, crece ou se enterra. A este respecto, escollín a terceira; non, non se trata do cemiterio, máis ben neses sitios denominados librerías de rebaixa, de vello ou de segunda man. As terceiras gañan de momento en expansión #ante o cruento asalto das novas tecnoloxías resultante dos enfrontamentos entre apocalípticos e integrados.
É mellor deixar atrás bizantinismo para entrar de cheo nos libros conseguidos durante a última visita á librería de segunda man. E como non, o primero é dun paisano. A tribo ten catro ríos, de Manuel María, editado en 1991 por SM na colección O Barco de Vapor.
Ambientado nas luguesas terras de Outeiro, o libriño, ademais da paisaxe, ten como protagonista a Manuel de Paderna, barbeiro e alguacil do concello. Mais escribe versos que fan escorrentar as auguas dos regatos e levantar quioscos de música.
As fontes dominan a súa fala e, como non, o río e seu preciado amigo. Que tamén é todos os que queiran soñar coas pequenas cousas que se contan nas páxinas de A tribo ten catro ríos, aínda que don Capitón, o rexidor municipal, como bo político, non é partidario de que se anden a espallar andrómenas que chocan coa modernidade dun progreso malentendido. Con este título o escritor de Outeiro devolve ao seu lugar outra historia da súa terra en clave lúdica e chea de afectos cara o paisaxe e as xentes que o habitan.

Comentarios