Capas
Catro figuras do blues, r& blues e rock and roll de Estados Unidos, baixo o auspicio da discográfica Chess, realizaron gravacións en Londres entre 1971 e 1973 en compañía de músicos británicos de prestixio naqueles anos. Chuck Berry (1926-2017), Howlin' Wolf (1910-1976), Muddy Waters (1913-1983) e Bo Diddley (1928-2008) protagonizaron sesións musicais nas que deixaron gravadas algunhas das súas mellores pezas e outras menos coñecidas, pero todas elas interpretadas co sentimento de músicos, cantantes e compositores que no seu momento foron embaixadores no vello continentes de sons inspirados polos blues tanto nas súas vertentes rurais como urbanas.
O blues do West Side está representado por unha das figuras senlleiras dese xénero musical: Muddy Waters, inspirador de músicos de diferentes etapas do rock Muddy Waters repetiu o plan establecido a finais dos sesenta en Fathers & Sons para gravar no Reino Unido un dos discos das denominadas sesións de Londres. Coa presencia de músicos negros que naquela época acompañaban ao guitarrista de Misisipi, contou coa axuda de xóvenes instrumentistas británicos que se caracterizaban polo amor al blues, entre outros Rory Gallagher, Steve Winwood y Rick Grech. Dentro do estilo de Waters, e dicir blues de la ciudad de Chicago, o repertorio da grabación centráse en clásicos como I'm Gonna Move To The Outskirts Of Town y Key To The Highway, algunhas cancións representativas de Muddy como la celebérrima I'm Ready, pezas de Willie Dixon e una composición do pianista Lafayette Leake que abre a lista do disco. Con semexantes bimbios, o resultado do encontro de músicos de ambos lados do Atlántico constitue unha gozosa sesión na que se combinan ritmos primarios que daban alma tanto aos veterans músicos del blues estadounidense como os roqueiros ingleses que se inspiraban neles.
Un exemplo da evolución do r&blues cara ao rock and roll apréciase nos primeros discos do tamén músico, compositor e cantante de Misisipi Bo Diddley quen pasou en pouco tempo de ídolo de adolescentes a roqueiro de longo percorrido que levou a súas inspiradas cancións desde pequenos escenarios a grandes estadios nos que soaban para deleite dos seus seguidores I'm A Man, a peza que leva o seu nombe artístico multiversioneada por decenas de solistas e grupos o outras como Roadrunner e Say Man, nas que se perciben o seu itinerario estilístico apoiado nun particular toque de guitarra que tivo repercusión en moitos roqueiros da década de 1960.
Cancións: Chuck Berry --After It's Over, St. Louis Blues, Why Should We End This Way, Let's A Boogie y Mean Old World--, Howlin' Wolf --The Red Rooster, Rehearsal, Finished Take, I Ain't Superstition, Who's Been Talking?, Poor Boy y Rockin' Daddy--, Muddy Waters --Key To The Highway, Whos Gonna Be Your Sweet Man When I'm Gone, I'm Ready, Blind Man Blues y Walkin' Blues-- e Bo Diddley --Don't Want No lyn' Woman, Bo Diddley, Make A Hit Record, Do The Robot e Get Out Of My Life--.
Músicos: Chuck Berry (guitarra e voz), Derek Griffiths (guitarra), Kenney Jones (batería), Dave Kaffinetti (piano), Robbie McIntosh (batería), Owen McIntyre (batería), Ian McLagan (piano) e Nic Potter (baixo). Howlin' Wolf (harmónica, guitarra e voz), Eric Clapton (guitarra), Hubert Sumlin (guitarra), Steve Winwood (teclados), Klaus Voorman (baixo), Ian Stewart (teclados), Jeff Carp (harmónica), Bill Wyman (baixo), Charlie Watts (batería) e Ringo Starr (batería). Muddy Waters (guitarra e voz), Sam Lawhorn (guitarra), Rory Gallagher (guitarra), Mick Kelly (guitarra), Carey Bell (harmónica), Stevie Winwood (órgano), Georgie Fame (piano), Rick Grech (baixo), Mitch Mitchell (batería) e Herbie Lovelle (batería). Bo Diddley (guitarra e voz), Ray Fenwick (guitarra), Eddie Hardin (órgano), Roy Wood (baixo), Keith Smart ( batería), Charles Grimar (congas), Nigel Grainge (percusión), Cookie Vee (percusión e voz), Charise Taylor (voz), Juanita Buckner (voz), Crystal Brake (voz), Angela Smith (voz), Lynn Moore (voz), Gregory Taylor (voz).
Máis portadas: The London Howlin' Wolf Sessions (1971), The London Chuck Berry Sessions (1972), The London Muddy Waters Sessions (1972) e The London Bo Diddley Sessions (1973).
Comentarios