Eu tamén

Eu tamén quero un home
para facelo a miña puta
penetralo polo cu
con exquisitos xestos de desexo e desprezo
para desvirgar cada orificio cos meus dedos
ata facer do seu corpo, unha monda furada
como un queixo
agarrarlle a cola e presumilo
como un trofeo
porque é meu
porque eu aprópiomo cada vez que o mexo
eu tamén quero un home
para culealo en días festivos
para suxeitalo da cabeza
e refregar a súa boca coa miña pube
non importa que non respire
deixar que pasen os días e non chamalo
deixar que pasen as noites e un
día aparecer na porta
dicirlle “Ola cadela”
sorrir orgullosa cando se poña en catro
e meterlle o meu falo de plástico
un home para repetirlle que non chore
para divertirme
para beberme as súas horas máis felices
para que me faga virme
unha, dúas, as veces que eu queira
porque son incansable
porque non teño límites
e despois quero outro home
máis ou menos parecido
para darlle un anel bonito
e dicirlle que a el si o amo.



Karen Cano

Fotografía: Círculo de poesía

Comentarios

Publicacións populares