Relembro na morte de Castelao

Unha tarde do derradeiro outono, andando polas outas e bravas terras do Incio, soupen que a doencia do irmán Castelao non tiña remedio. No ar silandeiro apercibín entón un lonxano cramor... Todas as campás de Galiza choraban por il. I os albres coas súas bágoas cooridas, i as fontes cos seus longos saloucos, e todo o outono coa súa doente beleza. Unha limpia noite de xaneiro entereime da súa morte... Cada estrela era bágoa de prata que penduraba sobor do meu corazón.

Era Castelao unha das máis esgrevias personalidades galegas de tódolos tempos. Ninguén como il expresou as arelas da ialma do noso pobo; ninguén-tampouco-máis enxebre, no máis fondo senso da verba. Un mesmo esprito da máis nidia galeguidade abranguía toda a súa outa figura, da súa voz onde latexaba o meirande engado cordial, cando se definía coma <galego químicamente puro, infusíbel o soplete e inatacábel polos ácidos>. O seu humorismo é unha das máis belidas froles da Galicia eterna, por fondo e sinxelo, que quer decir xenial. Todo o se arte e¡é unha cántiga onde chora e ri o corazón da nosa terra.

Ánxel Fole


Marzo de 1950


Comentarios

Publicacións populares