Mouras
Co nome de mouras ou encantadas coñécese a unha serie de mitos con aparencia de muller, xeralmente nova, que viven en covas baixo os castros ou nos dolmens e son posuidoras de grandes tesouros.
Sempre dispostas a conceder riquezas a aqueles que observen as convenientes reverencias, son vingativas con aqueles que as contrarían, chegando a facelos desaparecer para sempre e mesmo fritilos vivos en aceite fervendo.
A orixe destes mitos pode atoparse nas antigas divindades relacionadas coa fertilidade e a abundancia, as fontes, covas e bosques, que entroncan con outros mitos similares da área Atlántica e Centroeuropea. O cristianismo terminou por relegalos como fadas ou bruxas sobrenaturais. Incluso o termo mouro neste caso faría referencia ao seu paganismo.
O paralelo máis claro coa moura galega na veciña Asturias é a xana.
Lenda: Na parroquia de Val do Mao (Lugo), no lugar chamado Castro, cóntase que dous veciños estaban a gardar as súas ovellas e ao pé do castro viron aparecer unha galiña cos seus pitos, da cor do ouro.
Correron tras ela e atopáronse cunha moura que estaba a fiar flocos de ouro. Ante as súa sorpresa, moura e galiña con pitos foron a meterse nunha fenda dunha pena e desapareceron. Tamén se dicía que un veciño de Castro atopara alí unha rella de arado, toda de ouro, que levara a vender a Monforte onde lle pagaron con moitos ducados por ela.
Algunhas mouras que están encantadas teñen a facultade de transformarse en serpes
Debuxos de ® Alberto Álvarez Peña

Texto recollido do libro:
Debuxos de ® Alberto Álvarez Peña
Comentarios