O prehistoriador Florentino López Cuevillas
Sería unha tarde estival dos anos 1918 ou 1919. Viviamos na praza do Corrixidor. A miña infantil imaxinación sentiuse impresionada polo paso dunha xentil parella que naquela deserta praza penetraba no convento das Carmelitas. Era unha fermosa moza ataviada á maneira romántica cuns vaporosos vestidos branco e rosa, tocada cunha paxiza pamela e acompañada dun non menos elegante cabaleiro. A interesante rapaza era Pilar Chacón. Unha distinguida señorita que vivía en Hernán Cortés e que era visita de Ángela Santamarina, marquesa da Atalaya Bermeja. Nunha das visitas que o irmán de Angelita, Ramón Santamarina, destacado político arxentino fixo á súa irmá, viña acompañado por un importante financeiro bonaerense dono dunha compañía navieira apelidado Anchorena. Este coñeceu a Pilar Chacón e xuntos fóronse a Bos Aires. En compañía desa especie de Onassis e no iate da súa propiedade, Pilar Chacón percorreu os lugares máis destacados do turismo mundial. A prensa internacional localizábaos en Italia, Atenas, O Cairo, CalcutaTokio... Máis tarde, o xornalista ourensán Lorenzo Garza sitúaa en París, nun gran chalé dos Campos Elíseos co nome de madama Lina. Logo aparece xa en Madrid casada cun dos banqueiros Urquijo. Cando morreu este administrou con intelixencia e eficacia os negocios do seu marido. Hoxe está á fronte deles un fillo do matrimonio, un Urquijo Chacón.
Pois ben, o acompañante, o galanteador ou noivo de tan distinguida e famosa señora ourensá era o elegante Florentino López Cuevillas.
Outro episodio ou anécdota interesante da mocidade do noso biografiado e que oín comentar a persoas de maior idade era que no ano 1909, cando os sucesos de Oseira, Cuevillas foi un dos axitadores da formidable pita con que obsequiaron ao bispo Ilundai as organizacións obreiras e agrarias ourensás na praza Maior. Andaba entre os protestantes repartindo chifres. Tiña entón 23 anos e terminara xa a súa licenciatura de Farmacia en Santiago.
Sabemos que asistiu en 1922 a uns cursos de Historia e Literatura en Madrid, onde conviviu uns meses con Primitivo R. Sanjurjo e Ramón Otero Pedrayo. Que regresou a Ourense e que ingresa como funcionario en Facenda e nesta cidade permanece ata a súa xubilación.
Cremos que é interesante aclarar e seguir a evolución das ideas políticas do mozo Cuevillas.
Na revista La Centuria escribe uns artigos sobre a Revolución rusa. Non os remata e deixa sen aclarar a súa posición sobre ela. Con todo, no número 1 da revista Nós (1920) publica un artigo titulado Dos nosos tempos, que permite determinar con máis acerto o seu lugar sobre a devandita Revolución rusa.
A pesar dalgúns prexuízos relativos ao orientalismo e outra sobre a oposición espiritual ao mundo burgués que que escurecen a súa posición persoal, vemos que ao final a aclara.
Di Cuevillas no citado artigo: "... eu creio no triunfo do socialismo"... "e hoxe todo é socialismo"... " Eu creio polo tanto que dentro dunhos anos, a Europa enteira ha de ser un campo de experimentación de sociedades futuras... e creio tamén que pro desenvolvemento dá humanidade, esta ha de ser unha cousa útil e boa, do mesmo xeito que é boa que vos nenos boten os dentes ou que os paxaros muden de pruma".
Á vista desta posición progresista de Cuevillas, explícase aquela sorprendente noticia publicada en La Zarpa (29 de abril de 1922) e que dicía: "Telegrama que dous nacionalistas de Ourense asinado por Risco pedindo ao Consello de Ministros, Congreso e Senado o recoñecemento do Goberno ruso dos soviets".
Abandona os seus estudos históricos e dedícase con preferencia á Prehistoria. En 1924 ingresa no Seminario de Estudos Galegos co seu traballo "A edade de ferro na Galiza". En 1926 é nomeado director da Sección de Prehistoria do Seminario. Dedícase afanosa e exclusivamente aos seus estudos nese reducido e limitado campo da cultura do pasado, arrastrando a esa tarefa á mocidade galeguista entre a que contaba con numerosos discípulos.
Publicou no Arquivo do Seminario de Estudos Galegos varios traballos, algúns en colaboración con Bouza-Brey: "A civilización neoenolítica galega", "Catálogo dos castros galegos", "Os oestriminios, os saefes e a ofiolatría en Galiza" (1929). En colaboración con Xaquín Lorenzo: "Vila de Calvos de Randín" (1930) e, por último, en Cadernos de Estudos Galegos: "As fíbulas castrexas e o seu significado etnolóxico" (1950).
A súa actividade viuse quebrantada por dúas circunstancias importantes que coincidiron tan dramática e sorpresivamente no tempo que arruinaron totalmente a súa vida física e espiritual. Un reumatismo muscular que progresivamente o deixou valdado e a ditadura franquista que deixou non menos valdada a súa afección, os seus estudos e o seu sentimento galeguista. Faleceu o 30 de xullo de 1958.
Algo máis hai que engadir sobre a significación de Florentino López Cuevillas no campo galeguista. Compréndese que como director da sección de Prehistoria no Seminario de Estudos Galegos dedicásese con ardor e afán ás súas actividades de estudo, observacións, escavacións, publicacións... O que non se comprende é que unha organización política-social-cultural galeguista, chámese Irmandade Nacionalista, Partido Galeguista ou Partido Nacionalista Galego empregue case todo o espazo das súas publicacións, a maior parte do tempo das súas actividades e que a case totalidade dos seus compoñentes sexan arrastrados ao estudo da Idade do ferro na Galiza, á cultura dolménica, ao descubrimento e escavacións de mamoas e castros. Parecía que soamente ese limitadísimo eido de investigación era o importante. Esquecían, daban as costas á vida actual e a todo o resto da historia e da cultura. Así viviron ignorando o presente e cando tiveron que enfrontarse con el e tomar resolucións políticas, o partido, a organización era ineficaz e rompía naturalmente. Aínda hoxe nos noso días vemos repetirse o mesmo fenómeno en organizacións máis ou menos galeguistas, que se disgregan en canto enfróntanse con problemas políticos.
E destes actuais e catastróficos resultados son responsables na súa maior parte os galeguistas históricos, entre eles Florentino López Cuevillas.
Ourense, 30 de outubro de 1986
Ourense: Atenas de Galicia
Armando Fernández Mazas
Ediciones Andoriña

Ourense
Comentarios