A VEIGUIÑA, PINTURA DE PURA TEJELO
Cando o cronista vivía n’A Veiguiña, alá en terras quiroguesas, un xoven poeta fíxolle
unha visita. Sería polos chuviosos días do verán do ano cincuenta e dous. / O
cronista estaba escribindo nunha ampla galería que daba sobre un xardín. Oíase o murmurio do Quiroga que corría baixo unha mesta ramaxe de amieiros e freixos… /
Oímos uns pasos lentos e longos no corredor.
Entrou un mozo alto e delgado de bigote. Era Uxío Novoneryra, xa coñecido por referencias amicais. E foi
esta a primeira vez que o oímos recitar versos, poemas seus. Recitábaos con voz
grave e ton confidencial. Como se estivese revelando un segredo. E estábao: o
segredo da súa primeira poesía… / Non se parecían aos poemas de ninguén.
Instámolo a que os reunise nun libro e os publicase. / Constituirían o núcleo
do seu futuro e primeiro libro Os Eidos. /… Falaba con tino e pausadamente.
Falaba con distancia. Suxerindo,
revelando. Eu non estaba afeito a oír falar así… / Tan sosegadamente, con tanto
fondo de silencio, traendo cada palabra
a outra como chamándoa. Traéndoa, atraéndoa./ Falamos do Caurel, por onde eu
tiña andado varias veces. A súa charla daba a impresión xusta daquelas bravas e
apartadas terras. A impresión da súa paisaxe e da súa soidade. / E cando
marchou volveron resoar os seus pasos pausados e longos… / E dixen para min en
galego caurelao: “Chegará á casa aló pola seriña baixa”.
Ánxel
Fole: “Caminos de Galicia”. ( El Progreso/ Santos 1962).
Pintura de © Pura Tejelo
Pintura de © Pura Tejelo
Comentarios