Ficha técnica

Dirección: Rainer Werner Fassbinder. Guión: Peter Märthesheimer e Pea Fröhlich. Diálogos: Rainer Werner Fassbinder. Dirección artística: Harry Bauer. Axudante de dirección e script: Karin Wiesel. Música: Peer Raben. Fotografía: Xaver Schwarzenberger. Operador: Joseg Vavra. Montaxe: Juliane Lorenz. Axudante de montaxe: Angelika Deumling. Maquillaxe: Anna Nobauer, Hedi Polenski-Pollack e Edwin Erfmann. Vestiario: Barbara Baum e Egon Strasser. Gardarroupas: Friedel Schroeder, Toni Zeller e Kutrt Schonwalder. Escenografía: Helmut Gassner. Decorados: Raúl Giménez e Udo Kier. Pintor: Uwe Ringler. Atrezzo: Richard Eglseder e Hans Kut Schonwalder. Fotofixa: Karl Heinz Vogelmann. Son: Vladimir Vizner. Axudante de son: Stanislav Litera. Coreografía: Dieter Gackstetter. Iluminación: Ekehard Henrich, Ekehard Knuth e Helmut Grass. Dirección escénica: Peter Marklewitzn e Rainer Kurzel. Dirección de extras: Josef Mooholzer. Productor: Horst Wendlant. Dirección de produccion: Rainer Werner Fassbinder. Xefe de producción: Thomas Schuhly. Productores executivos: Stephan Pfleger, Michael McIernon e Michael Bohnstengel. Axudante de producción: Helga Fischer. Oficinas de producción: Gisela Schneider e Wolf Bruckner (WDR). Compañía de producción: Rialto Fil e Trio Film.


Reparto

Barbara Sukowa (Lola)
Armin Mueller-Stahl (Von Bohm)
Mario Adorf (Schukert)
Matthias Fuchs (Esslin)
Helga Feddersen (Miss Hettich)
Karin Baal (nai de Lola)
Ivan Desny (Wittich)
Elisabeth Volkmann (Gigi)
Hark Bohm (Völker)
Sonjia Neudorfer (Fink)
Karl-Heinz von Hassel (Timmerding)
Rosel Zech (Mrs. Schuckert)
Christine Kaufmann (Susi)
Y Sa Lo (Rosa)
Günther Kaufmann (o americano)
Isolde Barth (Mrs. Völker)
Raúl Giménez e Udo Kier (camareiros)
Karsten Peters (o home da televisión)
Harry Baer e Rainer Will (manifestantes)
Sonja Neudorfer (Mrs. Fink)
Nino Korda (o home da televisión)
Ulrike Vigo (Mariechen)
Karsten Peters (editor)
Herbert Steinmetz (conserxe)
Helmut Petigk (vixiante do burdel)
Marita Pleyer (Rahel)
Juliane Lorenz (vendedora de xoias)
Maxim Osward (o avó Berger)
Andrea Heuer (bibliotecaria)



Premios e nomeamentos:

Bundesfilmpreis (Premios do Film Alemán): Premio ao Mellor Actor outorgado a Armin Mueller- Stahl; Premio á Mellor Actriz outorgado a Barbara Sukowa; Cinta de Prata concedida como Mención Especial para a película.



Rainer Werner Fassbinder 
(Bad Wörishofen, 31 de maio de 1945 - Múnich, 10 de xunio de 1982)

Está considerado un dos mellores directores de cine de Alemania da segunda metade do século XX. Tamén dirixiu teatro, documentais, series para televisión e participou como actor, productor e escritor en diferentes proxetos.

https://www.rafamorata.es/fundacion.html


Cinematografía 

1965 Der Stadtreicher (O vagamundo urbán)
1866 Das kleine Chaos (Pequeno caos)
1969 Liebe ist kaelter als der Tod (o amor é máis frío que a morte)
1969 Fernes Jamaica (Xamaica lonxana)
1969 Katzelmacher
1969 Goetter der Pest (Os deuses da peste)
1969 Warum laeuft Herr R. Amok (Por que corre como un tolo R. Amok)
1970 Whity
1970 Der Amerikanische Soldat (O soldado americano)
1970 Wagnun vor einer heiligen Nutte (Aviso contra unha puta santa)
1971 Der Haendler der vier Jahreszeiten (O mercader das catro estacións)
1972 Die bitteren Traenen der Petra von Kant (As amargas lágrimas de Petra von Kant)
1972 Wildwechsel (Paso de caza)
1973 Agnst essen Seele auf (O medo corroe a alma)
1972-1974 Fontane Effie Briest 
1974 Faustrecht der Freiheit (O dereito do máis forte)
1975 Mutter Kuester´s Fahrt zum Himmel (Mamá Kuster viaxa ao ceo)
1975: Angst vor der Angst (Medo ao medo)
1975: Ich will doch nur, daß ihr mich liebt (Só quero que me queiras)
1976: Satansbraten (Satanás asado)
1976: Chinesisches Roulette (Ruleta chinesa)
1976: Bolwieser (filme en dos partes para televisión)
1977: Frauen in New York (Mulleres en Nova York)
1978: Despair – Eine Reise ins Licht (Desesperación: unha viaxe cara á luz)
1978: Deutschland im Herbst (Alemania en outono. Varios episodios)
1978: Die Ehe der Maria Braun (O matrimonio de María Braun)
1978: In einem Jahr mit 13 Monden (Nun ano con 13 lúas)
1979: Die dritte Generation (Terceira xeneración
1980: Berlin Alexanderplatz (Miniserie, 14 episodios)
1980: Lili Marleen
1981: Lola 
1981: Theater in Trance
1982: Die Sehnsucht der Veronika Voss (A ansiedade de Veronika Voss)
1982: Querelle



Por que fixen Lola
R.W. Fassbinder

Despois de Despair con Dick  Bogarde, este, que de feito non quería facer máis cinema, escribiume unha carta na que dicía que estaba disposto a participar noutro filme comigo, era Professor Unrat, de Heinrich Mann. A idea pareceume excitante.

Pero os meus guionistas Peter Märthesheimer e Pea Fröhlich dixeron que, tal como é a novela, non lles interesaba moito a historia. Pola miña banda, cheguei a un punto en que me dixen que a época en que se desenvolve a novela, antes da primeira guerra mundial, non me interesaba particularmente. A min interésanme os anos cincuenta. Sobre todo porque me propuxen facer unha historia completa da República Federal Alemá desde o meu punto vista. Así que calibramos de que modo poderíase adaptar a historia aos anos cincuenta.


Moi pronto chegamos á conclusión de que esta historia non funcionaba nos anos cincuenta. E preguntámonos como poderiamos narrar a historia situándoa na época do chamado milagre alemán, conservando as ideas puntuais. Decidimos que a acción non transcorrese na escola, porque démonos conta de que as escolas dos anos cincuenta non eran tan excitantes e tan interesantes como talvez érano en tempos do kaiser Guillermo ou como volveron a selo despois. Naquel entón os colexiais eran excesivamente dóciles. Quedaba claro: non iamos contar a Reconstrución: a un delegado de urbanismo.


Afastándonos da época do profesor Unrat e da súa profesión, achabámonos nunha historia que xa non ten nada que ver coa novela ou coa versión cinematográfica de Josef von Sternberg. Era unha historia completamente nova, orixinal.

Por iso desenvolvemos tamén personaxes novos. Queda un home (un delegado de urbanismo) que ama a unha muller que non é da súa clase. Pero, a diferenza do profesor  Unrat, el non o sabe. Que se  adecua máis á figura dun delegado de urbanismo? Un construtor. Facer á puta parte do conxunto seguíanos parecendo excitante. En realidade, parecíanolo cada vez máis, porque descubrimos que eses anos que van de 1956 a 1960 son case os máis  amorales que se coñecen de Alemaña. Naturalmente, había algo como unha moral noña, falsa. Pero na xente dábase unha resolta amoralidade, tacitamente aceptada. Porque a Reconstrución só podía funcionar na medida en que se desenvolvese sen atender ás posibles perdas. Por iso viña tan a conto coa nosa representación desa época esa moza que por razóns diversas converteuse nunha puta, porque nesa época non tivese nada de particular que unha moza así elixise ese estilo de vida.

Temos, pois, ao delegado de urbanismo, ao construtor e a esa puta. E a partir de aí fixemos unha historia. E a estas tres figuras axustámoslles outras que xulgamos importantes para retratar a época.


Hai un personaxe que adquiriu unha gran importancia, o axudante do delegado de urbanismo. Esslin, un Wolfgang Borchet sobrevivente, que non morreu, alguén a quen esnaquizou a experiencia da guerra pero que ao final sobrevive porque debe vivir.
Pensamos que ía ser unha historia entretida. Eu non creo que Märthesheimer e  Frönlich pensasen en facer unha comedia. Pero para min quedou claro moi pronto que a película debía ser unha comedia, aínda que sexa unha historia perversa, unha comedia negra.

Eu non sei contar ningunha historia, por moi  frívola que sexa, de maneira  apolítica. Para min e para as miñas películas rexeitaría de cheo tal posibilidade. Especialmente cando se trata da época en que sucede esta película. A Era Adenauer é unha inmensa era política.


Temos, pois, a un construtor que quere facer diñeiro; está no seu dereito.


Hai tamén unha moza que non só quere que lle paguen senón que quere pertencer á familia dos capitalistas.


E hai ademais un delegado de urbanismo que, pola súa actitude moral, rexeita  os principios capitalistas de tipo simplista, pero que ten claro que a Reconstrución deste país non é posible sen estes principios. Ten unha postura liberal-socialdemócrata. Cre que esta forma de política poderá ser recuperada logo. Ao final, do mesmo xeito que sucede coa súa catástrofe particular, sabe que nunca poderá deter esa política social que el só pretendía apoiar provisionalmente. Tal como sucedeu. Os socialdemócratas, coa súa decisión de converterse nun partido burgués, sometéronse aos principios capitalistas.


Representar isto non ten nada que ver coa resignación. Mentres me produza pracer e xulgue importante narrar unha historia así, non me resignei. 


Houbo o perigo de debuxar ao construtor como un personaxe completamente negativo. Isto parecíame falso de antemán. Polo menos na época en que se realizaba a Reconstrución deste país, unha vitalidade como a que debe ter este home para se construtor, é tamén unha vitalidade admirable e, ao seu modo, simpática. Estou seguro de que hoxe xa non podería presentar a este personaxe dun modo tan simpático.

Para comprender o presente, o que foi e o que será dun país, hai que estudar toda a súa historia. Para min, estas (O matrimonio de María Braum, Effie Briest e Lola) non son películas nas que fuxa ao pasado. Son historias que só son posibles no tempo en que transcorren. E son, ou iso espero, partes dunha historia xeral da República Federal Alemá que axudan a comprender mellor esta estraña figura democrática, coas súas ameazas e os seus perigos. Neste sentido son películas moi políticas.

Comentarios

Publicacións populares