RÍO SELMO

Vilas literarias: Quiroga


Río  Selmo

Este río só é galego no primeiros dez quilómetros montañosos do seu traxecto para facerse despois leonés e aos poucos río de chaira ao longo doutros corenta quilómetros, ata chegar ao Sil.

O Selmo descende desde os 1.643 metros de altitude no monte Formigueiros ata os 800 metros no límite de provincias e aos 400 na súa desembocadura en  Frieira. A pesar de ser xeograficamente pouco galego, os poboadores das súas beiras son xeralmente galegoparlantes e de costumes semellantes.


Imaxe plástica de © Manuel R. Crespo



Texto recollido de "Los ríos del Caurel paso a paso", de Isabel Martínez Fernádez e Antonio Castaño Sobrán. Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial de Lugo. 1998.

Comentarios

Publicacións populares